O masacre ou xenocidio de SrebrenicaOne of 22,200 examples from Feb. 10, 2006 Google search; The Washington Post, "Srebrenica Genocide Trial to Restart"; consistiu no asasinato de aproximadamente uns 8.000 bosníacos na rexión de Srebrenica, en xullo de 1995, durante a Guerra de Bosnia. O devandito asasinato masivo, levado a cabo por unidades do Exército da República Serbia (VRS), baixo o mando do xeneral Ratko Mladić, así como por un grupo paramilitar serbio coñecido como "Os Escorpións""Serbia: Mladic “Recruited” Infamous Scorpions". Institute for War and Peace Reporting. Srebrenica Video Vindicates Long Pursuit by Serb Activist; National Public Radio programme "All Things Considered, June 3, 2005" - Dejan Anastasijevic of Vreme Magazine tells Melissa Block "... This specific paramilitary unit is not a Bosnian Serb unit, it is a unit which comes from Serbia and the people from the unit were actually members of the Serbian police force, so this is the first hard evidence that Serbian troops from Serbia were involved in the Srebrenica massacre. So far Serbian authorities were always claiming that troops from Serbia were not involved in the Bosnian War, just Bosnian Serb units. ..."; ICJ judgement paragraphs 385 through 415, produciuse nunha zona previamente declarada como "segura" polas Nacións Unidas xa que nese momento se atopaba baixo a "protección" de 400 cascos azuis holandeses. Aínda que se buscou especialmente a eliminación dos homes musulmáns bosníacos, o masacre incluíu o asasinato de nenos, adolescentes, mulleres e anciáns.
Na súa sentenza condenatoria ao xeneral serbo-bosníaco Radislav Krstic, o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (ICTY), cualificou os acontecementos de Srebrenica como un acto de xenocidio: este acto constitúe o maior asasinato masivo en Europa desde a segunda guerra mundialInstitute for War and Peace Reporting, Tribunal Update: Briefly Noted (TU No 398, 18-Mar-05) . Theodor Meron, o xuíz que presidiu a Cámara, declarou:
Posteriormente, o Tribunal Internacional de Xustiza ratificou a sentenza do ICTY e, así mesmo, cualificou os feitos como xenocidio. A lista das persoas asasinadas ou desaparecidas elaborada pola Comisión Federal de Persoas Desaparecidas inclúe 8.373 nomesCourt Declares Bosnia Killings Were Genocide The New York Times, 26 de febreiro de 2007. A copy of the ICJ judgement can be found here.
Contexto O conflito na Bosnia occidental Bosnia e Hercegovina comezou o seu camiño cara á independencia cunha declaración parlamentaria de soberanía o 15 de outubro de 1991. A República de Bosnia e Hercegovina foi recoñecida pola Comunidade Europea o 6 de abril de 1992 e polos Estados Unidos ao día seguinte. Con todo, o recoñecemento internacional non puxo fin ao problema e estourou unha feroz loita polo control territorial entre os tres grupos maioritarios de poboación do país: os bosníacos (musulmáns), os serbo-bosníacos (ortodoxos) e os croatas (católicos). A Comunidade Internacional fixo varios intentos de establecer a paz na zona, máis o seu éxito foi moi limitado. No leste de Bosnia e Hercegovina, na zona fronteiriza con Serbia, a loita entre bosníacos e serbios foi moi feroz.
1992 Campaña de limpeza étnica miniatura|dereita|250px|Enterro de 465 civís bosníacos identificados (11 de xullo do 2007) miniatura|dereita|250px|Lápida dun rapaz de trece anos (11 de xullo do 2007) miniatura|250px|Situación de Srebrenica e Žepa dentro de Bosnia e Hercegovina (setembro de 1994). Os serbios tentaron manter o territorio de Bosnia e Hercegovina como parte do seu estado durante o proceso de desmembración da antiga Iugoslavia. Consideraban que a área de Podrinje Central (Rexión de Srebrenica) tiña unha importancia estratéxica capital para eles. Sen a devandita área, que era de maioría étnica bosníaca, non habería integridade territorial dentro da súa nova entidade política, a Republika Sprska. Os serbios non estaban dispostos a aceptar un enclave bosníaco dentro dos seus territorios, porque os seus dominios quedarían divididos en dous e separados da propia Serbia, así como das áreas do leste de Hercegovina que estaban habitadas maioritariamente por serbios. Para evitalo, iniciaron unha limpeza étnica co fin de acadar unha maioría no territorio que lles permitise conservalo nunha futura repartición de territorio. O obxectivo deste xenocidio foron os bosníacos musulmáns de Bosnia e Hercegovina occidental e da rexión central de Podrinje.
As matanzas comezaron xa en 1992. En Bratunac, por exemplo a poboación bosníaca foi asasinada ou obrigada a fuxir cara a Srebrenica. De acordo cos datos do goberno bosníaco, 1.156 bosníacos musulmáns de Bratunac foron asasinados en varios ataques (3.156 durante toda a guerra). En Zvornik foron eliminados 762 bosníacos o 1 de xuño de 1992. O 9 de setembro do mesmo ano, tropas do VRS tenderon diversas emboscadas e abriron fogo contra unha columna de 6.000 refuxiados bosníacos das poboacións de Konjevic Polje, Cerska e Kamenica, que trataban de chegar a Tuzla. Ademais, o VRS fixo centos de prisioneiros que logo "desapareceron". 500 persoas da columna morreron preto de Snagovo, vítimas do fogo aéreo e de artillaría.
Loita por Srebrenica A pesar de que Srebrenica era de maioría bosníaca, o exército serbio-bosníaco da zona e algúns grupos paramilitares do leste do país tomaron o control da cidade matando e expulsando aos civís bosníacos a comezos de 1992.
Con todo, en maio dese mesmo ano, as forzas gobernamentais bosníacas da ARBiH, lideradas por Naser Oric, retomaron Srebrenica. Nos meses seguintes o AEBiH agrandou a súa zona de control ao conseguir unirse coas forzas de Zepa en setembro, cunha cidade do sur e tomando tamén o enclave de Cersaka, ao oeste, en xaneiro do ano seguinte. O territorio baixo o seu dominio acadou así a superficie máxima de 900 quilómetros cadrados. Con todo, a pesar dos seus éxitos, o exército da ARBiH nunca conseguiu unir a súa zona de influencia co territorio bosníaco principal do oeste, permanecendo como unha illa vulnerable rodeada de territorio serbio. No derradeiro acto de expansión da zona baixo o seu control, en xaneiro de 1993 as tropas bosníacas conseguiron capturar unha importante base serbio-bosníaca na poboación de Kravica, dende a que ameazaban directamente o enclave de Bratunac. Durante a operación mataron a varias decenas de civís e militares serbios.
miniatura|dereita|150px|Ratko Mladić, Xefe do Estado Maior do VRS
O sitio de Srebrenica Meses despois, un reorganizado exército serbio ao mando de Ratko Mladić contraatacou cunha nova ofensiva a grande escala capturando Konjevic, Polje e Cerska, separando de novo Srebrenica e Zepa. Como consecuencia, o enclave de Srebenica baixo control bosníaco quedou reducido a tan só 150 quilómetros cadrados. A poboación bosníaca dos pobos de arredor fuxiu en masa cara a Srebrenica, presa do pánico, incrementando a poboación da cidade ata acadar os 50.000 ou os 60.000 habitantes.
En marzo de 1993 o xeneral francés Philippe Morillon, comandante das Forzas de Protección das Nacións Unidas (UNPROFOR) visitou Srebrenica. Para entón a cidade atopábase en estado de sitio e con superpoboación. Non había sequera subministración de auga corrente, pois as forzas serbio-bosníacas, en avance, destruíran os depósitos da cidade. Abundaban tamén os xeradores de electricidade improvisados e a comida, os medicamentos e outros produtos esenciais eran extremadamente escasos. Antes de partir, o xeneral Morillon dixo aos aterrorizados habitantes de Srebrenica nun discurso público que a cidade estaba baixo protección da ONU e que nunca os abandonaría.
Srebrenica: "Área Segura" Entre marzo e abril de 1993 varios centos de bosníacos foron evacuados da cidade baixo os auspicios do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, UNHCR polas súas siglas en inglés). O goberno bosníaco opúxose frontalmente ás evacuacións, pois vía nelas unha contribución á limpeza étnica da zona, en detrimento dunha maioría de poboación bosníaca.
O 16 de abril de 1993, catorce días despois de morreren 56 persoas nun bombardeo serbio-bosníaco durante unha evacuación organizada pola ACNUR, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobou a resolución 819 , pola que se declaraba Srebrenica "área segura [...] libre de ataques e outras accións hostís". Ao mesmo tempo, o Consello de Seguridade declarou outras dúas zonas seguras: Zepa e Gorazde. O 18 de abril de 1993 o primeiro continxente de tropas do UNPROFOR (Forzas de Protección das Nacións Unidas) chegou ao enclave de Srebrenica.
Con todo, para a protección das devanditas zonas seguras non se estableceu elemento disuasorio ningún de carácter militar. Aínda que o Secretario Xeral da ONU, Butros-Ghali, advertira de que serían necesarios 34.000 soldados máis para facer efectiva a devandita protección "pola forza", a comunidade internacional rexeitou achegar tantas tropas e acordou, no seu lugar, despregar 7.500 efectivos. Ademais, a Forza de Protección das Nacións Unidas (UNPROFOR) só estaba autorizada a usar a forza en defensa propia, e non en defensa dos civís aos que debían protexer. Posteriormente, Kofi Annan declararía que as áreas seguras non eran de feito nin zonas protexidas nin refuxios temporais segundo o dereito internacional humanitario, nin zonas seguras que tivesen sentido defender desde o punto de vista militar.
As autoridades serbo-bosníacas volveron tentar capturar Srebrenica dado que, ao estar xunto á fronteira serbia e rodeada de territorio serbio, era á vez estratexicamente importante e vulnerable. O 13 de abril de 1993 os serbo-bosníacos comunicaron ao Alto Comisionado das Nacións Unidas que atacarían a cidade nun período de dous días se os habitantes non a renderon ao expirar o prazo. Os bosníacos negáronse a renderse.
Mentres as forzas cercadas en Sebrenica desmilitarizáronse supervisadas pola ONU, as tropas serbias que lles axexaban permaneceron ben armadas e negáronse a cumprir coa súa parte do acordo de desmilitarización da zona. O exército da República Sprska (VRS) organizouse en distritos militares e Srebrenica quedou dentro do territorio asignado ao Corpo de Exército do Drina. Entre 1.000 e 2.000 soldados das brigadas do corpo do Drina foron despregados ao redor do enclave bosníaco. Tres forzas serbias foron equipadas con tanques, vehículos armados, artillaría e morteiros. En cambio, a unidade do ARBiH que permaneceu no enclave, a 28ª División de Montaña, non estaba nin ben organizada nin ben equipada, carecían dunha estrutura de mando firme así como dun sistema de comunicacións efectivo. Algúns dos seus membros levaban vellos rifles de caza ou non levaban armas en absoluto, e moi poucos tiñan uniformes.
A cámara do ICTY reuniu posteriormente evidencias da existencia dun plan deliberado por parte dos serbios para impedir a chegada á zona dos convois de axuda internacional. Os produtos de primeira necesidade como os medicamentos, a comida e o combustible fixéronse extremadamente escasos na cidade e os bosníacos, cercados, queixáronse de constates ataques das forzas serbias. Pola súa banda, os serbios alegaron que as tropas bosníacas estaban utilizando a área segura como base desde a que lanzarían un grande ataque contra o VRS, e que o UNPROFOR non estaba facendo nada para previlo.