Harry Potter e a Cámara dos Segredos (en ) é un filme de fantasía dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o segundo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia céntrase no segundo ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que o herdeiro de Salazar Slytherin reabre a Cámara dos Segredos para liberar un monstro que petrifica os alumnos do castelo. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Kenneth Branagh, Jason Isaacs, Christian Coulson e Robbie Coltrane.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de novembro de 2002. A recadación nas salas internacionais ascende a 879 millóns de dólares estadounidense. Recibiu tres candidaturas aos Premios BAFTA en 2003.
Estreouse en galego na TVG no ano 2006.
Sinopse
Harry, Ron e Hermione regresan a Hogwarts para cursar o seu segundo ano. Axiña aparece unha mensaxe nunha das paredes do castelo informando de que a Cámara dos Segredos fora aberta polo herdeiro de Slytherin. Asemade, varios estudantes, fillos de muggles, aparecen petrificados por causa do monstro que habitaba a Cámara. Harry descobre que pode falar a lingua pársel e as propiedades dun misterioso diario pertencente a Tom Riddle.
Elenco Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme. Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry. Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry. Kenneth Branagh como Gilderoy Lockhart, un célebre e sobranceiro autor e o novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra en Hogwarts. John Cleese como Nick Case Decapitado, a pantasma da Casa Gryffindor. Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts. Christian Coulson como Tom Riddle, a encarnación moza de Lord Voldemort. Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw. Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry. Richard Harris como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts e un dos mellores meigos da historia. O actor Richard Harris morreu pouco antes da estrea da película. Jason Isaacs como Lucius Malfoy, pai de Draco. Alan Rickman como Severus Snape, o profesor de Apócemas de Hogwarts e xefe da Casa Slytherin. Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry. Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e xefa da Casa Gryffindor. Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry. Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
Produción miniatura|225px|dereita|O viaduto de Glenfinnan, en Escocia, onde se rodaron algunhas das escenas do expreso de Hogwarts. A produción de Harry Potter e a Cámara dos Segredos comezou só tres días despois da estrea do primeiro filme. Foi filmada en varias localizacións de Londres. A rodaxe rematou no verán de 2002.
Dise que Hugh Grant era a primeira escolla para o papel de Gilderoy Lockhart pero que finalmente non puidera dar vida ao personaxe debido a conflitos coa súa axenda. O 25 de outubro de 2001, Kenneth Branagh foi seleccionado como o substituto de Grant.
Banda sonora A banda sonora de Harry Potter e a Cámara dos Segredos lanzouse ao mercado o 12 de novembro de 2002. As pezas musicais ían ser dirixidas completamente por John Williams, pero debido a conflitos de programación coa música de Catch Me If You Can de Steven Spielberg, William Ross encargouse da dirección no canto de Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película en 2003.
Lista de pistas "Prologue: Book II and the Escape from the Dursleys" - 3:31 "Fawkes the Phoenix" - 3:45 "The Chamber of Secrets" - 3:49 "Gilderoy Lockhart" - 2:05 "The Flying Car" - 4:08 "Knockturn Alley" - 1:47 "Introducing Colin" - 1:49 "The Dueling Club" - 4:08 "Dobby the House Elf" - 3:27 "The Spiders" - 4:32 "Moaning Myrtle" - 2:05 "Meeting Aragog" - 3:18 "Fawkes Is Reborn" - 3:19 "Meeting Tom Riddle" - 3:38 "Cornish Pixies" - 2:13 "Polyjuice Potion" - 3:52 "Cakes for Crabbe and Goyle" - 3:30 "Dueling the Basilisk" - 5:02 "Reunion of Friends" - 5:08 "Harry's Wondrous World" - 5:02
Dobraxe en galego A dobraxe en galego realizouse no ano 2005 e estreouse na TVG no 2006. A directora de dobraxe e axustadora foi Charo Pena.
Actor orixinalActor de dobraxePersonaxeDaniel RadcliffeLuisa Fernández MirandaHarry PotterRupert GrintTeresa SantamaríaRon WeasleyEnma WatsonAna OuroHermione GrangerRichard HarrisMiguel PernasAlbus DumbledoreRobbie ColtraneAntón CancelasRubeus HagridAlan RickmanSeverus SnapeMaggie SmithLucía CidMinerva McConagallKenneth BranaghAntón JaGilderoy LockhartTom FeltonAna LemosDraco MalfoyRichard GriffithsAlfonso ValiñoVernon DursleyFiona ShawPetunia DursleyHarry MellingDudley DursleyMark WilliamsAntón RubalArthur WeasleyJulie WaltersBeatriz GarcíaMolly WeasleyJames PhelpsGaspar SomozaFred WeasleyMatthew LewisNeville LongbottomWarwick DavisFilius FlitwickJohn CleeseNickHugh MitchellHelena AmoedoCollin CreeveyShirley HendersonChelo DíazMyrtleToby JonesManuel PombalDobbyPetter O'FarellTacho GonzálezXornalista
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Harry Potter da Warner Brothers Harry Potter e a Cámara dos Segredos na IMDb Harry Potter e a Cámara dos Segredos en Allmovie
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Chris Columbus Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Harry Potter 2 Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 1492 Pictures Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados na Illa de Man Categoría:Filmes rodados en Buckinghamshire Categoría:Filmes ambientados en 1992 Categoría:Filmes ambientados en 1993 Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes baseados en obras de J. K. Rowling Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego