O presente de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e carecer de sufixo modo-temporal, circunstancia esta última que tamén lle acontece ó pretérito de indicativo.

O presente de indicativo é o tempo do acto de fala dialogado e do estilo directo. É un tempo verbal carente de caracterización modal e de perspectiva cronolóxica.

Valores do Presente de indicativo

Presente propiamente dito: Achega unha realidade coincidente co momento do acto de fala: acción puntual: Agora mesmo entra no pavillón. acción durativa: Camiña pausadamente. acción iterativa: Repenican as campás. Valor imperativo: Ti fas a túa tarefa. Presente permanente ou intemporal: refírese a realidades de validez temporal ilimitada: Dúas e dúas son catro. Presente histórico: Implica o emprego do presente de indicativo referíndose ó pasado: O rei diríxese ó pobo tralo golpe de estado. Presente habitual: Sempre deitamos tarde. Presente prospectivo: Achega unha realidade futura grazas a un adverbio ou locución: Mañá volven os cativos.

Maneiras

ando varro parto andas varres partes anda varre parte andamos varremos partimos andades varredes partides andan varren parten

Categoría:Tempo verbal