Os taínos foron un pobo arauaco procedentes da área de Venezuela, que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco antillano. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os igneris e os máis antigos aínda arcaicos. O nome taíno significa "bo ou nobre" en arauaco.
miniatura|Figura taína
Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os caribes, que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por caciques, a quen se lles pagaba tributo. Frei Bartolomé de las Casas no seu libro Historia Xeral das Indias relata que no ano de 1508 quedaban uns 60.000 taínos na illa da Española. Para 1531 a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cacicados da Española Xenocidio taíno Masacre de Jaragua Batey
Categoría:Pobo taíno Categoría:Pobos indíxenas do Caribe Categoría:Pobos indíxenas de Cuba Categoría:Grupos étnicos do Caribe Categoría:Grupos étnicos de Haití