miniatura|Automóbil a vapor (Serpollet), 1888. O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carrís. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire. Recentemente empezáronse a producir automóbiles que funcionan con motor eléctrico, aínda que a autonomía destes vehículos é aínda limitada debido á autonomía das baterías. As rodas dianteiras dos automóbiles poden moverse cara a ambos os costados para realizar xiros e tomar as curvas.

No ano 2000, a Comisión Europea estableceu o 22 de setembro como o Día Mundial sen Coches, para unificar as iniciativas dos diferentes países (como Gran Bretaña en 1997) que, desde a década dos noventa comezaron a implementar medidas de aforro de combustibles fósiles e incentivar o uso de medios de transporte colectivos.

Historia

miniatura|O Fardier, creado polo inventor francés Nicolas-Joseph Cugnot en 1771 é considerado por algúns o primeiro coche. miniatura|Benz Patent-Motorwagen, 1886. miniatura|Mercedes Simplex de 1906. Os primeiros coches crese que se fabricaron na China a finais do século XVII, e a enerxía que os propulsaba era a resultante do vapor. Aínda así sábese que o primeiro coche de vapor foi presentado no ano 1769 polo escritor e inventor francés Nicolas-Joseph Cugnot. A súa función principal era a de levar canóns. Era un triciclo cun peso de 4.500 kg aproximadamente, coas rodas de madeira e as pinas de ferro. Este coche estrelouse e a súa réplica foi destruída en 1771. En 1833, un profesor alemán de química chamado Eilhard Mitscherlich descubriu que a gasolina era a substancia perfecta para facer a función de combustible. O combustible pasou a denominarse nafta.

O proxecto dos coches de vapor aínda se atopaba presente, posto que se puxeron en práctica diversas veces en Inglaterra. Neste país construíronse máis de 40 coches e tractores propulsados por vapor ata 1840. Regularmente circulaban 9 carruaxes de vapor cunha capacidade de entre 10 e 20 persoas cunha velocidade media duns 24 km/h. Buscouse unha maneira máis práctica para mover os coches autopropulsados. A resposta atopouse novamente en Europa en 1860, grazas ao belga Jean Joseph Etienne Lenoir, que inventou o motor de explosión. Seis anos máis tarde, en 1866, o alemán Gottlieb Daimler construíu o primeiro medio de transporte propulsado grazas a unha combustión interna, un xigante de case dúas toneladas de peso. Este coche foi presentado polo patrón de Daimler, Nikolaus Otto, en 1867, na exposición de París. Este proxecto significou a base da nova industria.

Nikolaus Otto xunto con Eugen Langen, crearon máis tarde o motor atmosférico. Este, porén, non significou un grande adianto na industria do automobilismo.

Daimler pasou tres anos máis de traballo neste proxecto para idear un medio de transporte de só 41 kg. Este coche foi o precursor dos motores de explosión que se farían despois.

esquerda|miniatura|250x250px|Modelo dos anos 1920, Ford T. miniatura|250x250px|Ford Model A de 1928. Carl Friederich Benz (1844-1929) foi un enxeñeiro mecánico que creou o primeiro vehículo utilizable que funcionaba cun motor de combustión interna. Empezou a funcionar no ano 1885 e un ano máis tarde, en 1886 foi patentado o 26 de xaneiro dese ano. A roda inchable foi inventada polo escocés Robert William Thomson no ano 1875 e, un veterinario compatriota seu chamado John Boyd Dunlop mellorouna. Fixo un pneumático no ano 1888 que se podía utilizar en coches e bicicletas. En 1889, Francesc Bonet i Dalmau patentou en Barcelona o primeiro vehículo con motor de explosión da Península Ibérica,Herreros, Francisco; Aznar, José Luis. «Los antecedentes más remotos». Historia del motociclismo en España . Barcelona: RACC & Hipòtesi Edi-Balmes Edició SL, 1998, p. 14-15. D.L. B-46204-1998. ISBN 84-920886-5-6. o triciclo Bonet. En 1893, Benz construíu un coche de catro rodas. Con este vehículo empezouse a identificar cada coche coa súa marca, posto que Benz puxo a marca que levaba o seu nome nas rodas.

No ano 1897, despois de varios estudos e esforzos, Robert Bosch conseguiu crear un sistema de aceso da mestura do cilindro moi práctico. Mentres que o enxeñeiro Rudolf Diesel ideou un novo ciclo de funcionamento que leva o seu nome. En 1899 creouse o primeiro coche de carreiras. miniatura|Dólar do automóbil de Guizhou (1928), que reproduce un automóbil da época. A marca Benz vai atravesar unha pequena crise a principios do século XX, posto que Benz non quería innovar os seus automóbiles cos últimos adiantos descubertos por outros enxeñeiros pioneiros da industria como Daimler e o seu socio Wilhelm Maybach. Durante todo o século XIX e, principalmente ao comezo, hai que dicir que houbo moita competencia entre as fábricas e moitos enxeñeiros preocupáronse de mellorar elementos que formaban parte do vehículo por exemplo: freos, transmisión, amortecedores, a carburación e o sistema de arranque, entre outros. A finais do século XIX, un mozo francés, Louis Renault fixo un coche no garaxe da casa os seus pais. Deste coche saíu outra marca que hoxe en día aínda está presente no mercado do automóbil, Renault.

En todo este tempo saíron outros moitos pioneiros do automóbil, por exemplo o norteamericano Henry Ford. En 1908, Ford efectuou un grande adianto no mundo do automóbil e no mundo da fabricación doutros obxectos, posto que puxo en marcha un novo sistema de fabricación de automóbiles que aproveitaba a división do traballo. Este sistema denominouse produción en serie e consistía no feito de que os produtos ían percorrendo unha traxectoria fixa, previamente establecida, e pasaban por diante de varios operarios, cada un dos cales se encargaban de facer sobre cada produto un pequeno conxunto de tarefas básicas. Con este método conseguiu fabricar a uns custos moito máis baixos. Ford Motor Company comercializou un modelo de coche que se vendeu moi posteriormente ao descubrimento da produción en serie. Este modelo foi o Ford T.

No ano 1929 a Daimler Motoren Gesellschaft uniuse coa marca Mercedes-Benz formando así a Daimler-Benz, que máis tarde se converterá na actual Mercedes-Benz.

Compoñentes do automóbil Motor O motor é un dos elementos fundamentais necesarios para o funcionamento do automóbil. Transforma enerxía non-mecánica - xeralmente química ou eléctrica - en enerxía mecánica, xerando un traballo capaz de pór en movemento o automóbil. As súas prestacións xeralmente mídense en termos de potencia (cabalos de vapor ou quilowatts) e de par (Newtons-metro).

Motor térmico

miniatura|Unha vista isométrica dos pistóns e do cegoñal dun motor de catro cilindros en liña.

A maioría dos automóbiles, de comezos do século XXI, están propulsados por un motor de combustión interna, denominado habitualmente e de forma incorrecta, motor de explosión. Este motor transforma enerxía química, en enerxía calorífica pola combustión do carburante -mestura de aire e de hidrocarburos- e logo en enerxía mecánica por medio dun sistema biela-manivela.Les moteurs thermiques. Autor Bertrand Theys , Programme de recherche et d'innovation dans les transports terrestres. Consultado o 3 novembro 2009. O carburante líquido transpórtase do depósito ao motor por unha bomba eléctrica a través dun conduto e dun filtro. Cando o carburante é gasoso, este chega ao motor a través dun descompresor. O sistema biela-manivela funciona en base ao principio seguinte: un pistón sobre o cal se exerce a presión dos gases procedentes da inflamación do carburante arrastra unha biela que, conectada a un cegoñal, xera un movemento de rotación deste último. Así se xera un torque. O motor térmico xeralmente está constituído por varios conxuntos biela-pistón conectados a un mesmo cegoñal. O seu arranxo ao motor é a orixe das diferentes configuracións dos motores.Le Moteur à explosion de la pag. Automobile Sportive. Consultado o 3 novembro de 2009.

Distínguense dous grandes tipos de motores de combustión interna: os motores de arranque por buxía, tamén denominados de arranque provocada (MEP) e os motores de arranque por compresión (MEC). Estas dúas categorías de motores distínguense principalmente polo tipo de hidrocarburos utilizados para o carburante, o método de inflamación dos gases e as súas prestacións. O rendemento teórico do motor térmico de automoción varía entre o 30 e o 45%.Thermoptim - Moteur à essence, páxina 7. Autor Renaud Gicquel . Consultado o 4 xuño de 2009. Thermoptim - Moteur Diesel, páxina 8. Autor Renaud Gicquel . Consultado o 4 xuño de 2009. Estes valores, relativamente pequenos, explícanse polo feito de que as leis da termodinámica impoñen un límite máximo ao rendemento en función das temperaturas a que opera o motor e porque unha parte da enerxía química pérdese en rozamentos mecánicos, en transmisión de calor e por bombeo dos fluídos. A calor evacúase nos gases de escape -produtos da combustión do carburante- e tamén polos sistemas de refrixeración do motor (intercambiador aire/auga, aire/aceite) chamados radiadores.Where does the energy go?, sitio web Fuel Economy.gov Consultado o 3 novembro de 2009.

Motor eléctrico

esquerda|miniatura|As baterías de ión litio son as que xeralmente usan os automóbiles eléctricos.

Aparecido en 1834 e popularizado grazas ó récord de velocidade de La Jamais Contente, o vehículo con motor eléctrico era, a finais dos anos 1800 e a principios de 1900, moito máis popular que o térmico. Entre as súas vantaxes, pódense citar que podían funcionar todo o día sen necesidade de recargar as baterías (posto que a velocidade estaba fixada entre 12 e 20 quilómetros por hora para adaptarse aos vehículos de tracción animal), non necesitaban cambio de marcha nin se tiña que arrincar con manivela. En comparación cos vehículos a gasolina, eran moito máis agradables de utilizar. Pero cando despois da primeira guerra mundial, aumentáronse os límites de velocidade e fixéronse habituais os desprazamentos entre poboacións, os vehículos eléctricos foron sendo substituídos polos de gasolina.

O automóbil eléctrico volveu recibir atención a finais dos anos 1990, posto que o seu impacto ambiental é, en principio, menor que un automóbil «térmico» e o seu funcionamento máis silencioso, menos contaminante e moi flexible.Les propulsions électriques, site Optimisation des Systèmes Énergétiques . Consultado o 3 novembro 2009. Un ou varios motores eléctricos poden asegurar parcialmente ou totalmente a produción de enerxía mecánica do automóbil. Estes motores sacan a súa enerxía de baterías de acumuladores. Durante as fases de aceleración, o motor transforma a enerxía eléctrica en traballo (fase «motor») mentres que no momento das fases de freada , transforman a forza inercial do vehículo en enerxía eléctrica (fase «xerador») permitindo así recargar a batería.Modélisation des machines électriques par le calcul analytique des champs. Autor Jean-Paul Caron . Consultado o 3 novembro 2009. Un sistema de regulación bidireccional administra os intercambios entre os motores, xeradores e a batería. Variantes do motor eléctrico están en proceso de desenvolvemento e usan un sistema de pila de combustible para fornecer a enerxía eléctrica.