O Certame Literario do Miño foi un concurso celebrado en Lugo en 1960. Tivo unha única edición, e os premios entregáronse durante as Festas de San Froilán. Houbo catro categorías: poesía, teatro, novela curta e relato sobre o río Miño.
Obras premiadas Premio Noriega Varela de poesía: "Pastor de ríos", de Aquilino Iglesia Alvariño. Accésits a "Cántico" de António Augusto e "Ballet del Miño" de José Conde. Premio Valle-Inclán de teatro: A noite vai coma un río de Álvaro Cunqueiro. Accésits a Nicolás Flamel de Daniel Cortezón, A volta de Ulises de Xosé Luís Franco Grande e O auto do labrego de Manuel María. Tamén foron escollidas finalistas Orestes de Arcadio López-Casanova e Os homes poden ser deuses de Juan María Gallego Tato. Segundo Ricardo Carvalho Calero, un dos membros do xurado, un trazo cumún a todas as obras escollidas é que se trataba dun teatro evasivo e elitista, acorde co Teatro de Cámara. Clasificou as obras sinaladas en tres grupos: obras simbolistas as de Cunqueiro e Cortezón; primeiras mostras no teatro galego da fabula palliata as de Franco Grande, López-Casanova e Gallego; e concepción tradicional do teatro galego como dramática de tema rural no caso da obra de Manuel María. Premio López-Cuevillas de novela curta: Tiempo de morir de Alejandro Armesto e El Barquero de Xosé María Álvarez Blázquez (ex aequo).
Premio Manuel Casás de relato sobre o río Miño: Francisco Fernández del Riego.
Notas
Categoría:Premios e certames literarios de Galicia
Categoría:Lugo Categoría:1960