Porto Santo é unha illa de Portugal, a 40 km ao nordeste de Madeira. Foi descuberta en 1418 por João Gonçalves Zarco, e ten unha praia de area dourada de case 10 km.
A súa capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.
A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.
Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.
A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.
Sitios turísticos miniatura|Vista aérea de Porto Santo. Pico do Castelo Pico do Facho Fonte de Area Ponta da Calheta A Pedeira Véxase tamén
Categoría:Concellos de Madeira Categoría:Illas de Portugal