Opeth é un grupo de death metal progresivo formado en Suecia no ano 1990 e liderado polo compositor, cantante e guitarrista Mikael Åkerfeldt.
Sendo a súa orixe o death metal sueco, Opeth comezaron dende cedo a experimentar coas súas composicións, incorporando influencias que abranguen dende o jazz ata o rock progresivo e sinfónico clásico, pasando por música folk e mesmo blues.
Dende o seu primeiro contrato discográfico en 1994, Opeth ten lanzado oito álbums, un DVD, unha caixa compilando varios discos, e tres sinxelos. Unha excepción notable na súa discografía vén constituída polo disco Damnation, no que se afastaron momentaneamente do seu son metálico para gravar temas de rock progresivo, cun claro contido acústico.
Historia
Os comezos de Opeth (1990-1993) Opeth formouse en Estocolmo, Suecia, en 1990 por David Isberg. Isberg convidou a Mikael Åkerfeldt, quen tiña unha banda chamada Eruption, a unirse ó grupo como baixista, sen contar co resto do grupo, que pronto marcharon. Estando, entón, Isberg coma cantante e Åkerfeldt coma guitarrista, Opeth necesitaba máis músicos. Incorporáronse amigos de toda a vida de Mikael, membros de Eruption, Anders Nordin á batería e Nick Döring ó baixo. Andreas Dimeo entrou despois como segundo guitarra.
Discografía Álbum Ano Selo Orchid 1995 Candlelight Records, Century Black Morningrise 1996 Candlelight Records, Century Black My Arms, Your Hearse 1998 Candlelight Records, Century Black Still Life 1999 Peaceville Records Blackwater Park 2001 Music for Nations, Koch Records Deliverance 2002 Music for Nations, Koch Records Damnation 2003 Koch Records Ghost Reveries 2005 Roadrunner Records Watershed 2008 Roadrunner Records Heritage 2011 Roadrunner Records Pale Communion 2014 Roadrunner Records Sorceress 2016 Moderbolaget, Nuclear Blast In Cauda Venenum 2019 Moderbolaget, Nuclear BlastThe Last Will and Testament2024
Categoría:Grupos musicais de Estocolmo Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de death metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1990