O Grupo PRISA (Promotora de Informaciones, Sociedad Anónima) é unha empresa multinacional do sector dos medios de comunicación e as editoriais, con sede en España. O seu propietario maioritario é Nicolas Berggruen.
Historia Foi fundada en 1972 por Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno para xestionar unha serie de empresas e que se nucleaban en torno á editorial Santillana. Coa integración do xornal El País, o grupo cobra unha nova dimensión, e en 1984 Jesús de Polanco pasa a ter o control da sociedade. Polanco foi o seu presidente ata o 21 de xullo de 2007, data do seu falecemento, cando foi substituído polo seu fillo Ignacio Polanco. Está dirixido por Juan Luis Cebrián.
O Grupo está presente en 22 países de Europa e América. No exercicio 2006, PRISA facturou 2.812 millóns de euros e obtivo un beneficio neto de 228,9 millóns de euros. Conta cun persoal de case 14.000 empregados. O capital social é de 21 881 250 euros.
Presenza en medios de comunicación Prensa Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA os xornais: El Progreso (información xeral, distribuído fundamentalmente na provincia de Lugo) Diario de Pontevedra (información xeral, distribuído fundamentalmente na cidade de Pontevedra e comarcas próximas) El País (información xeral) Diario As (información deportiva) Cinco Días (información económica) Odiel Información Diario Jaén Canarias 7 Diario de Avisos Diario de Noticias de Álava Diario del Altoaragón Diario de Noticias de Guipúzcoa Diario de Noticias de Navarra El Adelantado de Segovia El Punt La Gaceta Regional La Voz de Almería El Segre El Correo de Andalucía 15% da editora de Le Monde 11% de Presse Europe Regions, holding que controla o 60% de Midi Libre, editor, entre outras, de Midi Libre e L'Independant El Nuevo Día Extra La Razón (Bolivia).
Outras publicacións de prensa PRISA controla a entidade Progresa, dedicada á produción de revistas como Cinemanía e a edición española de Rolling Stone, Gentleman, Claves, Revista 40. Ademais, é responsable da edición mexicana de Rolling Stone.
Radio Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as radios: 80% de Unión Radio, que posúe as emisoras Cadena SER (xeral) e as musicais 40 Principales, M80 Radio, Cadena Dial, Máxima FM, Radio Olé Caracol Radio Consorcio Radial de Chile Ibero American Radio Chile 50% de Televisa Radio
Televisión Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as televisións: A entidade Sogecable que inclúe a televisión en aberto Cuatro, e a plataforma de televisión dixital vía satélite Digital+, con canles temáticas propios como Canal + (xeneralista), CNN+ (noticias), Sportmanía (deportes), Cinemanía (cine), Documanía (documentais). A firma Pretesa, que alberga a rede de televisións locais Localia, con distintos centros emisores e produtores en Galicia. Media Capital - TVI ATB Bolivia Plural Entertainment NBP, produción de contidos en Portugal
Editoriais Pertence a PRISA o Grupo Santillana, que controla diversas editoriais como: Santillana Alfaguara Taurus Aguilar Altea Punto de Lectura
Presenza noutras empresas Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as empresas de mercadotecnia e publicidade GDM e Solomedios, así como a imprenta Dédalo Grupo Gráfico.
Véxase tamén Ligazóns externas Web do grupo