James Redfield, nado en Birmingham (Alabama) o 19 de marzo de 1950, é un escritor estadounidense de novelas esotéricas.

Traxectoria Estudou psicoloxía na Universidade de Auburn (que se acha en Auburn, outra das cidades de Alabama). Durante quince anos, traballou como terapeuta para nenos con abusos sexuais. O autor vive en Arizona coa súa muller Salle e a súa gata Meredith.

Ao publicar o best-séller The Celestine Prophecy en 1993, Redfield gañou unha lexión de seguidores no mundo enteiro e viuse alzado á condición de guía espiritual para os seus lectores. No ano 2006 esta novela foi levada ao cinema.

Obra The Celestine Prophecy (1993) The Tenth Insight (1996) The Celestine Vision (1997) The Secret of Shambhala (1999) God and the Evolving Universe (2002)

Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Nados en 1950