A sucralosa é un edulcorante coñecido co nome comercial de Splenda ®. Na Unión Europea, tamén co E 955. É unhas 600 veces máis doce que a sacarosa,Michael A. Friedman, Lead Deputy Commissioner for the FDA, Food Additives Permitted for Direct Addition to Food for Human Consumption; Sucralose Federal Register: 21 CFR Part 172, Docket No. 87F-0086, April 3, 1998 case o dobre que a sacarina e catro veces máis doce que o aspartamo.
Fabricase por haloxenación selectiva da sacarosa, na que os tres grupos hidroxilos da sacarosa se substitúen por cloro dando 1,6-dicloro-1,6-dideoxi-β-D-fruto-furanosil 4-cloro-4-deoxi-α-D-galactopiranosido ou C12H19Cl3O8. A diferenza do aspartamo, é termoestable e resiste variacións do pH.
Pode usarse en pastelaría, e en produtos de longa vida. A inxesta diaria admisible é de 0-15 miligramos por quilogramo de peso corporal.
Notas
Categoría:Compostos químicos Categoría:Adozantes