dereita|250px|miniatura|Celebración en España con motivo da aprobación do matrimonio homosexual. O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
Recoñecemento miniatura|250px|Taxa de nupcialidade de matrimonios homosexuais en España no 2008. O matrimonio entre persoas do mesmo sexo -nos países en que se aprobou ata o de agora- estableceuse legalmente mediante a extensión da institución xa existente do matrimonio civil a aquelas parellas formadas por persoas do mesmo sexo. Polo xeral mantense a natureza, os requisitos e os efectos que o ordenamento xurídico viña recoñecendo previamente ós matrimonios.
Polo momento o matrimonio entre persoas do mesmo sexo foi equiparado ó heterosexual con igualdade plena ou parcial de dereitos en 14 países en todo o mundo: os Países Baixos en primeiro lugar (no ano 2001), Bélxica (2003), España (2005), Canadá (2005), Suráfrica (2006), Noruega (2009), Suecia (2009), Portugal (2010), Islandia (2010), Arxentina (2010), Dinamarca (2012), o Uruguai (2013), Nova Zelandia (2013), Francia (2013) e Luxemburgo (2015). Existe o mesmo recoñecemento nalgúns territorios ou divisións administrativas dos Estados Unidos, o Brasil, México e o Reino Unido.
Xunto á institución do matrimonio, e como alternativa ou, en ocasións, superpoñéndose á regulación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, existen institucións civís adicionais, moi diferentes entre cada país e comunidade, con denominacións distintas como "parellas de feito", "unións civís" ou "concubinatos" (entre outras denominacións), cada unha dunha natureza, requisitos e efectos ad hoc, segundo a realidade social, histórica, sociolóxica, xurídica e política do lugar. Estas institucións son consideradas polos movementos LGTB coma institucións apartheid e en moitos casos son criticadas por fomentaren a discriminación.
Por outra banda, o matrimonio relixioso é rexeitado por unha maioría de confesións relixiosas. Nos últimos tempos unicamente unhas poucas relixións decidiron adoptar algún tipo de medidas que signifiquen normalizar a situación das persoas ou das parellas homosexuais dentro do conxunto de fieis.
Historia Tense constancia da existencia de prácticas homosexuais desde os mesmos albores da humanidade, en todas as épocas e as civilizacións, con diferentes graos de recoñecemento ou de aceptación social.
En Europa Grecia antiga A pederastia na Grecia antiga era unha práctica que se usaba no seo da aristocrática. Consistía nunha relación de tipo pedagóxico entre un adolescente e un home adulto. Dentro dela tiñan cabida os vínculos afectivos e sexuais, que eran socialmente aceptados. A expresión formal da relación pederasta variaba considerablemente dunha zona a outra. En calquera caso, as relacións amorosas entre un home e un mociño víanse como cousa normal e estaban reguladas legalmente.
Roma antiga Como norma xeral na Roma antiga admítese o matrimonio entre home e muller. Porén, sábese dalgúns homes de posición social relevante que contraeron matrimonio con outros homes. Tal é o caso dos emperadores Adriano, Nerón ou Heliogábalo.
Europa medieval miniatura|250px|Serxio e Baco uníronse en adelphopoiesis.
Na Europa medieval practicábase o rito da Adelphopoiesis, que tiña a súa orixe na igrexa grega (equivalente á Bratotvorenia nas igrexas eslavas). Tratábase dunha cerimonia de creación dun nexo de parentesco artificial, como se fai co apadriñamento ou coa filiación adoptiva. A nova relación é de tipo fraternal, normalmente entre homes, e con frecuencia era empregada para formalizar unha relación amorosa homosexual.. Os detractores do matrimonio homosexual negan este carácter da adelphopoiesis e preséntana como un rito simbólico de expresión dunha profunda amizade.
Balcáns.
Unha virxe xuramentada é un rol social presente nas sociedades patriarcais dos Balcáns nos que debido a determinadas razóns algunhas mulleres optan por levar unha vida de home vivindo como tal e adoptan unha postura inflexible de castidade.
En América Norteamérica. miniatura|dereita|250px|Folla de Piñeiro, xefe berdache da tribo dos grow.
Os pobos amerindios do norte contemplaban a constitución de matrimonios nos que un dos homes adoptaba o rol feminino. Considerábase que este tiña ao mesmo tempo unha alma feminina e unha masculina.
Estados Unidos. No século XIX e principios do XX, nos Estados Unidos, existiu o que se chamou Matrimonio de Boston. Consistía na cohabitación de dúas mulleres independentes de todo home. Tratábase dunha relación amorosa, moitas veces de natureza platónica, sen necesidade de relacións carnais. O mesmo fenómeno ou variantes existiron en toda Europa na mesma época, sen denominación específica.
En África Os matrimonios entre mulleres téñense documentado en máis de trinta pobos africanos. Entre eles están o ioruba e o igbo na África occidental; o nuer no Sudán; o lovedu, o zulú e o sotho na África do sur; e o kikuyu e o nandi na África oriental. O casamento ten a súa cerimonia e a súa dote, e a parella é admitida no seo da nova familia. A parella mantén a estrutura xerárquica do matrimonio heterosexual, que se estende á definición de cada unha delas como pai ou nai dos eventuais fillos. A paternidade resólvese coa axuda de homes amigos ou parentes da parella, que inseminan á muller que vai xestar o neno. Os matrimonios entre homes foron documentados en áreas moito menos extensas. Distínguense en que poden disolverse de mutuo acordo.
En Oceanía Samoa
Os Fa'afafine son un terceiro sexo na cultura de Samoa. Son bioloxicamente homes que durante a súa nenez foron elixidos para asumiren roles femininos polas súas familias. Esta práctica é aceptada pola sociedade samoana.
Tonga
Os Fakaleiti (tamén chamados leiti, fakafefine ou lady) son homes tonganos que se comportan de xeito efeminado, ao contrario co resto dos homes da illa, que tenden a comportarse dunha maneira moi masculina.
En Asia China Na China, especialmente en Fujian e durante a dinastía Ming, estaban reguladas as unións matrimoniais entre homes e entre mulleres. As unións eran socialmente aceptadas e reguladas, con atención ao dote, ao divorcio e á compra de mulleres para a reprodución. A unión duraba varios anos, despois dos cales o máis vello axudaba ao máis novo a formar unha familia heterosexual.
Cronoloxía A táboa que se presenta a continuación recolle, en orde cronolóxica, os estados soberanos —estados membros das Nacións Unidas e Taiwán— que legalizaron o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. A data de 2025, un total de 38 estados legalizárono dalgún xeito.
As datas refírense ao momento no que os matrimonios entre persoas do mesmo sexo comezaron a ser oficialmente rexistrados, ou ben á data na que se aprobaron leis locais, no caso de que estes xa fosen legais baixo unha autoridade superior.