Sérgio Godinho, nado o 31 de agosto de 1945 no Porto, é un poeta, actor, compositor e intérprete de cancións portugués.

Biografía

Con máis de 30 anos de carreira, Sérgio Godinho é un dos grandes nomes da música portuguesa, caracterizado tamén pola súa figura polifacética que o fixo participar tamén en series de televisión, cinema, e mesmo teatro, tanto como dramaturgo, músico e realizador.

Aos 20 anos saíu de Portugal, para fuxir do recrutamento forzoso para a guerra colonial portuguesa na África. Permaneceu 9 anos afastado do país. A súa estadía máis demorada será en París, onde integrou durante dous anos o elenco do musical “Hair” e comezou a facer as súas primeiras músicas, tomando contacto con outros músicos portugueses no exilio, como José Mário Branco, José Afonso e Luís Cília. Pasou parte do exilio tamén en Ámsterdam, Brasil e Vancouver.

En 1971 colabora no primeiro álbum en solitario de José Mário Branco, Mudam-se os tempos mudam-se as vontades, e gravando nese mesmo ano en Francia o seu propio primeiro LP en solitario Os sobreviventes. Aínda do exilio data a gravación Pré-histórias (1972). Aínda que constantemente censurados, estes álbums conseguiron alcanzar a popularidade entre o público portugués no ano seguinte, chegando a ser mesmo premiado pola prensa como “Autor do ano” e Os Sobreviventes como “Disco do ano”.

Xa no Canadá, casou con Shila, compañeira na compañía de teatro The Living Theatre, estabelecéndose nunha comunidade hippy en Vancouver. Alí recibiu a nova da revolução dos cravos do 25 de abril, que o levou a regresar a Portugal. Xa en terras lusitanas, editou o álbum À queima-roupa (1974) cun enorme éxito, e percorreu o país actuando en manifestacións populares.

Desde entón até hoxe a súa carreira continúa, sendo autor dalgunhas das cancións máis aclamadas da historia da música portuguesa, como "É terça-feira" e "Com um brilhozinho nos olhos".

Nos anos 90 participou no álbum de cancións e videoclips do Xabarín Club coa súa música "Pois é a Vida" cantada con acento galego.

Discografía

Álbums orixinais Os sobreviventes (1971) Pré-histórias (1972) À queima-roupa (1974) De pequenino se torce o destino (1976) Pano-cru (1978) Campolide (1979) Canto da boca (1981) Coincidências (1983) Salão de festas (1984) Na vida real (1986) Os amigos de Gaspar (1988) Aos amores (1989) Tinta permanente (1993) O elixir da eterna juventude (1996) Domingo no mundo (1997) Lupa (2000) O irmão do meio (2003) Ligação directa (2006)

Álbums ao vivo Noites passadas (1995) Rivolitz (1998) Afinidades (co grupoClã) (2001) Nove e meia no Maria Matos (2008)

Recompilacións Era uma vez um rapaz (1985) Escritor de canções (1990) Biografias do amor (2001) Setenta e Um - Oitenta e Seis - O melhor de Sérgio Godinho (2004)

Bandas sonoras A Confederação (LP, Diapasão/Sassetti) (1978) Kilas, o mau da fita (1979)

EPs Romance de um dia na estrada (Guilda da Música/Sassetti) (1971)

Sinxelos Na Boca do lobo (Guilda da Música/Sassetti) (1975) Liberdade (Guilda da Música/Sassetti) (1975) Nós por cá todos bem (1977)

Colaboracións Espanta Espíritos - Espanta Espíritos (1995) A cantar con Xabarín (Volume III - IV, 1996) O Assobio da Cobra - Manuel Paulo (2004) Sons da Fala - Sons da Fala (2007)

DVD Sérgio Godinho - De Volta ao Coliseu (2006)

Libros Retrovisor - Uma Biografia Musical de Sérgio Godinho (2006)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina (oficial?) de Sérgio Godinho - Praça das Flores Páxina oficial Entrevista à rádio TSF - 23 de outubro de 2006

Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados no Porto