Manuel Pena Gómez, nado en Bueu en 1980 é un director de cine galego.
Traxectoria Estudou dous anos na Escola de Cine de Vigo onde realizou o documental Ruido blanco e as curtametraxes de ficción Hipotálamo e Ipso Facto. En 2004 produciu a curtametraxe Metamorfose de Fran Estévez que obtivo un rotundo éxito. Ao ano seguinte dirixiu A canción de Fémerlin, unha fábula de cine mudo que aínda recollería premios un ano máis tarde.
Filmografía
A canción de Fémerlin. Dirección, guionista, produción, dirección artística (2005). Metamorfose. Produción, Axudante de dirección (2004). Ipso facto. Dirección, guionista (2003). Equinoccio. Montaxe (2003). Hipotálamo. Dirección, produción, guionista (2002).
Véxase tamén Ligazóns externas - Ficha AVG IMDb
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes