, alcume literario de Liang Jinguang 梁金广, foi un escritor chinés nado en 1932 e finado o 20 de febreiro de 2008. O seu relato "A nova nora" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).

Traxectoria Hao Ran naceu nunha familia humilde nunha aldea de Tangshan. Quedou orfo de pai aos dous anos, e a súa nai morreu cando el tiña doce anos. En 1946, entrou no Partido Comunista da China, onde se dedicou a escribir material de propaganda. Tamén traballou na revista teórica do Partido, Bandeira Vermella. En 1949, publicou o seu primeiro relato, "O progreso da miña irmá", na revista literaria A xuventude de Hebei. En 1958, saíu ao prelo o seu primeiro libro, un conxunto de relatos. En 1962, publicou a súa primeira novela, Yan Yangtian 艳阳天 ("O sol brillante"), seguida por dúas partes máis en 1965. Foi un dos poucos intelectuais que non foi perseguido durante a Revolución Cultural, chegando a converterse nun modelo a seguir durante este período. Posteriormente, desapareceu da escena literaria chinesa.

Traducións

Varios autores (1982). Flores e leña: Narracións chinesas contemporáneas. Tradución directa ao galego de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Xerais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 浩然 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2008