O Front d’Alliberament de Catalunya ou Front d’Alliberament Català (FAC) foi a primeira organización armada que defendía as teses dos movementos de liberación nacional de influencia marxista-leninista nos Países Cataláns, nada en 1969. O FAC, que vaise definir como unha organización que loitaba pola liberación nacional e de clases, nace coa unión de independentistas veteranos que proviñan do Consell Nacional Català (CNC) e xoves independentistas que proviñan das excursións das Xuventudes Obreiras de Estat Català. Nun principio tan só fan algunhas pintadas pero, aproveitando as excursións ó Garraf e ó Montseny, o sector máis novo da organización vai comezar a proverse de explosivos e das primeiras armas. Cómpre ter en conta que, do mesmo xeito que o Front Nacional de Catalunya, o FAC priorizaba a acción sobre a ideoloxía e a estratexia. A táctica do Front d’Alliberament de Catalunya consistía na creación de grupos armados que tiñan que forzar a situación para tratar de provocar unha insurrección armada do pobo catalán.
Respecto á súa ideoloxía, os militantes pensaban que a loita nacional e social ían unidas. Por outra banda, tamén incluían a posibilidade dunha unificación de tódolos Países Cataláns se o movemento prosperaba nos outros territorios. Porén, O Front d'Alliberament Catalá tan só tivo implantación no Principado de Cataluña.
Entre 1969 e 1972 o FAC vai realizar máis de cen atentados. Estas accións realizábanse contra institucións de todo tipo próximas ó réxime franquista, como o diario La Vanguardia, os Xulgados, emisoras de TVE, cuarteis da Garda Civil e oficinas de Facenda, pero, ó mesmo tempo, procurábase non causar mortes. O primeiro atentado coñecido foi o 15 de outubro de 1970 contra as oficinas de Radio Nacional de España no Paseo de Gracia de Barcelona. O Día da Victoria de 1971 dinamitaron o cruzamento ferroviario da praza das Glòries, paralizando os trens todo o día. En 1972, foron detidos os militantes Carles Garcia Solé e Ramon Llorca, e os demais marcharon ó exilio. En 1974 foi detido Pere Mora León en Santa Coloma de Gramenet.
En 1973 o FAC vai experimentar unha profunda transformación interna. Segundo Jaume Renyer:
Este último partido era de ideoloxía maoísta. Isto foi debido á incorporación de militantes trostskistas e de Esquerda Revolucionaria da área de Terrassa e Sabadell. O Front d’Alliberament de Catalunya distribuía unha publicación chamada Catalunya Roja.
En 1976 vaise crear o Movemento Revolucionario de Cataluña (MRC) que pretendía ser o brazo político do FAC. Coa democracia o FAC vai desaparecer de feito en 1977 e o seu brazo político, o MRC, nos mesos seguintes.
Categoría:Nacionalismo catalán Categoría:Organizacións terroristas en España