O Campionato Nacional de Liga de Segunda División, máis coñecido como Segunda División e por razóns de patrocinio como LaLiga hypermotion, é a segunda categoría da liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Primeira División RFEF. Comezou a disputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.

É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A Segunda División é, xunto coa Primeira División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP.

Ao longo da súa historia, corenta e seis clubs resultaron campións de Segunda División, sendo o máis laureado con 8 títulos o Real Murcia, seguido do Betis (7), e Deportivo da Coruña, Sporting de Xixón e Real Oviedo (todos con 5). O Osasuna, seguinte no palmarés.

Historia A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:

Grupo A Grupo B(Categoría inferior) Sevilla FC Iberia SC Deportivo Alavés Sporting de Gijón Valencia CF Real Betis Real Oviedo Deportivo da Coruña Celta de Vigo Racing de Madrid Cultural Leonesa Real Murcia CD Castellón Gimnástica de Torrelavega Zaragoza CD Real Valladolid Osasuna Tolosa CF Barakaldo CF Cartagena FC

Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade. En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

En 2007 o Granada 74 comprou a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentres que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.

Denominacións comerciais As tempadas 2006–07 e 2007–08 foron as dúas primeiras nas que o campionato tivo unha denominación comercial, recibindo o nome de «Liga BBVA», tras o acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.lfp.es - O BBVA e a LFP presentan o seu acordo de colaboración Entre as tempadas 2008–09 e 2015–16 a categoría de prata foi chamada «Liga Adelante», debido a que a denominación do banco pasou a patrocinar a Primeira División.

Desde a tempada 2016–17, o patrocinador principal da LFP é o Banco Santander, e a Segunda División chamouse comercialmente «LaLiga 1|2|3» primeiramente, e desde a tempada 2019–20, «LaLiga SmartBank».

Sistema de competición A Segunda División é un torneo organizado e regulado, conxuntamente coa Primeira División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.

A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Consta dun grupo único integrado por 22 equipos que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 42 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final establécese de acordo aos puntos totais obtidos por cada equipo ao finalizar o campionato. Os equipos obteñen tres puntos por cada partido gañado, un punto por cada empate e ningún punto polos partidos perdidos. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes: O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos. Se persiste o empate, o que teña a maior diferenza de goles a favor tendo en conta todos os obtidos e recibidos no transcurso da competición. Se continúan empatados, gaña o que máis goles a favor teña.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes: A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre se polos clubs implicados. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre se polos clubs implicados. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de favor plus.

Efectos da clasificación Posto Clasificación 1º Ascenso a Primeira División 2º 3º Promoción de ascenso a Primeira 4º 5º 6º 7º-18º 19º Descenso a Segunda División B 20º 21º 22º

Ao termo da tempada, o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido, xunto co subcampión, a Primeira División. Ademais, desde a tempada 2010/11, tamén ascende o gañador dunha promoción disputada entre o terceiro, cuarto, quinto e sexto clasificados. O sistema desta promoción é de eliminación directa a dobre partido, enfrontándose o terceiro co sexto, así como o cuarto co quinto; os dous vencedores pasarán a disputar unha nova eliminatoria a ida e volta, da cal sairá o terceiro equipo que ascende a Primeira División.

O 6 de xullo de 2011, a asemblea da LFP decidiu prescindir da quenda de penaltis nos play-off de ascenso. En caso de empate nos noventa minutos regulamentarios e tamén na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo con mellor clasificación durante a liga regular.

As prazas vacantes dos equipos ascendidos cóbrenas aqueles que terminan nos tres últimos postos de Primeira División. Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División ao termo da tempada son relegados a Segunda División B, sendo substituídos polos gañadores das promocións de ascenso desta categoría.

Equipos filiais Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite en Primeira División. Se un filial termina a tempada en postos de ascenso directo ou play-off, é o seguinte clasificado o que adquire ese dereito ao non poder ascender o equipo filial xa que debe estar sempre polo menos unha división por baixo do primeiro equipo. Así mesmo, se o primeiro equipo descende a Segunda e o seu filial milita na devandita categoría, este último é descendido automaticamente a Segunda División B, aínda que lograse a permanencia durante a liga regular.

Participantes Ao longo da historia da competición participaron 168 equipos diferentes, pero só seis deles nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División, participando por tanto sempre no fútbol profesional: Valencia, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Sporting de Xixón e Real Sociedad.

Tempada 2025/26 Equipo Cidade Estadio Capacidade Albacete Albacete Estadio Carlos Belmonte Almería Almería UD Almería Stadium Andorra Encamp Nou Estadi Encamp Burgos Burgos Estadio El Plantío CádizCádizEstadio Nuevo Mirandilla Castellón Castelló de la Plana Estadio SkyFi Castàlia Ceuta Ceuta Estadio Alfonso Murube Córdoba Córdoba Estadio Bahrain Victorious Nuevo Arcángel Cultural Leonesa León Estadio Reino de León Deportivo da Coruña A Coruña Estadio Abanca-Riazor Eibar Eibar Estadio Municipal de Ipurua GranadaGranada Estadio Nuevo Los Cármenes Huesca Huesca Estadio El Alcoraz Las PalmasLas Palmas Estadio Gran Canaria Leganés Leganés Estadio de Butarque Málaga Málaga Estadio de La Rosaleda Mirandés Miranda de Ebro Estadio Municipal de Anduva Racing Santander Santander Campos de Sport de El Sardinero Real Sociedad B San Sebastián Reale Arena Sporting de Gijón Xixón Estadio El Molinón-Enrique Castro "Quini" Las cifras del nuevo aforo de El Molinón, se metería en el top15 de España y mantendría su antigüedad Valladolid Valladolid Estadio José Zorrilla Zaragoza Zaragoza Ibercaja Estadio

Equipos galegos Un total de 12 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia, sendo o Deportivo da Coruña o que disputou máis tempadas. Tres deles, o Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo e o Pontevedra CF proclamáronse campións.

Posto histórico Equipo Tempadas Mellor posto Última tempada Puntos PX PG PE PP GF GC 12º Deportivo da Coruña 40 1º 2019-20 1450 1244 552 281 411 1892 1542 21º Celta de Vigo 32 1º 2011-12 1293 1032 466 260 306 1629 1142 31º Racing de Ferrol 34 2º 2007-08 1031 1054 366 229 459 1474 1745 56º CD Ourense 13 3º 1998-99 437 454 143 121 190 492 623 57º CD Lugo 7 9º 2019-20 395 332 99 105 128 333 400 67º SD Compostela 7 3º 2002-03 335 282 97 90 95 332 334 69º Pontevedra CF 9 1º 2004-05 328 314 117 84 113 379 372 119º UD Ourensá 3 8º 1951-52 82 92 33 16 43 141 177 121º SX Lucense 3 11º 1951-52 74 92 28 18 46 135 197 150º Deportivo Xuvenil 1 16º 1954-55 20 30 5 10 15 40 85 154º Arousa SC 1 16º 1949-50 17 30 7 3 20 44 84 163º Unión Sporting Club 1 8º 1935-36 7 14 3 1 10 27 52

Sombreados os equipos galegos participantes na tempada 2019-20. Actualizado ata a tempada 2018/19 incluída.PX: Partidos xogados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra.

Historial de tempadas