+ Ponderación das moedas nacionais respecto ao valor da ECU Moeda 13.03.1979-16.09.1984 17.09.1984-21.09.1989 21.09.1989-31.12.1999 BEF 9.64% 8.57% 8.183% DEM 32.98% 32.08% 31.955% DKK 3.06% 2.69% 2.653% ESP - - 4.138% FRF 19.83% 19.06% 20.316% GBP 13.34% 14.98% 12.452% GRD - 1.31% 0.437% IEP 1.15% 1.20% 1.086% ITL 9.49% 9.98% 7.840% LUF - - 0.322% NLG 10.51% 10.13% 9.98% PTE - - 0.695%
A ECU (European Currency Unit, en galego Unidade Monetaria Europea), foi unha unidade de conta empregada na Comunidade Europea —posteriormente Unión Europea (UE)— con propósitos monetarios. O código ISO 4217 era XEU.
Historia Creada en 1979, a ECU foi ata o 31 de decembro de 1998 a unidade de conta do Sistema Monetario Europeo (SME) e dos documentos xurídicos e financeiros da UE, empregouse en créditos sindicais e nas operacións comerciais do mercado monetario, e foi substituída polo Euro o 1 de xaneiro de 1999.
O seu nome, ECU, etimoloxicamente escudo que provén do grego skytos, é representativa da numismática francesa, a referencia obrigada na Europa continental durante catrocentos anos, dende a súa orixe no século XIII, acuñadas por primeira vez por Lois IX, antes de partir ás cruzadas, e que baixo distintas marcas, circulou ata o século XVII.
ECU, pola súa resonancia francesa, non era do agrado de todos, e o chanceler de Alemaña Helmut Kohl sinalou que lle soaba igual a Ein Kuh, que en alemán poderíase entender coma unha vaca. Na reunión de Madrid de decembro de 1995, optouse por chamar Euro á moeda única comunitaria, tendo unha paridade 1:1 co ECU.
Nunca se acuñaron moedas de ECU, salvo para ocasións conmemorativas e para coleccionistas. Tampouco se emitiron billetes nesta unidade monetaria.
Funcionamento Tratábase dunha moeda cesta, composta pola suma de cantidades fixas de doce das quince moedas dos Estados membros, estimándose a porcentaxe de cada unha delas en función de tres criterios: a participación de cada unha das divisas no conxunto do comercio intracomunitario, o PIB de cada país e a súa cota no Fondo Europeo de Cooperación Monetaria (FECM).
Apoiado polo Fondo Europeo de Cooperación Monetaria, o ECU desempeñou un papel fundamental no mecanismo de tipos de cambio (MTC), en virtude do cal os estados membros debían manter o valor das súas moedas nacionais dentro dunha banda porcentual respecto dunha paridade central. Non obstante, o ECU non só dependía do MTC. As moedas dos membros da UE que non pertencían ao MTC, como o Reino Unido e Italia, continuaron sendo partes integrantes do ECU.
A composición do ECU modificouse en varias ocasións, pero quedou conxelada o 1 de novembro de 1993, cando entrou en vigor o Tratado de la Unión Europea. Esta conxelación debía ser irrevogable ata o comezo da terceira fase da Unión Económica e Monetaria. Con todo, variou o tipo de cambio de cada moeda fronte ás moedas doutros estados membros do SME e fronte ao ECU. Se unha moeda incrementaba o seu valor con respecto a tódalas demais, eran necesarias menos unidades desta moeda para adquirir a mesma cantidade de calquera das restantes moedas ou do ECU das que se precisaban anteriormente.
Véxase tamén Outros artigos Banco Central Europeo Euro
Ligazóns externas Imaxe
Categoría:Unións monetarias Categoría:Unión Europea