Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Segundo datos do IGE, en 2023 tiña 242 habitantes (120 homes e 122 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando vivían nas súas sete entidades de poboación 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres).
Xeografía física e humana Limita coas parroquias de Candia, Cabaneiro, Fanoi, Fraiás e Quende. Ten unha altitude media de 500 msnm.
Dos once lugares recollidos na toponimia oficial, sete son entidades de poboación; a súa densidade media de poboación no 2025 era 94,9 hab/km². As devanditas entidades co seu respectivo número de habitantes no 2025 son Os Carballás (32), Fernandaño (10), Gontán (14), Pedralba (7), Pedreiras (60), Provecende ou Abadín (102), e A Torre (17). Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: O Convento, O Correo e A Poceira.
Relixiosamente, pertence ao arciprestado da Terra Chá da diocese de Mondoñedo-Ferrol. A partida bautismal máis antiga que recolle o arquivo parroquial corresponde ao 1738.
Patrimonio miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín. Na aldea da Torre atópase a igrexa parroquial de Santa María de Abadín, situada nun alto que domina unha extensa zona de labradío, coa paisaxe montañosa ao fondo. É de estilo románico da primeira metade do século XII, coa capela maior do século XVI de estilo gótico isabelino, e cunha sancristía acaroada detrás de época posterior. A nave ten unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas e catro augas. A fachada ten un arco de medio punto con grandes doelas, un pequeno rosetón céntrico con trazarías, e espadana dun só corpo e dous vans. Aparece coroada por dous escudos nos laterais da fachada, nos que se distinguen as estrelas e a media lúa da casa dos Luaces, que estivo vinculada a esta parroquia dende o ano 1574. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos capiteis teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da bóveda nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna.
Ao seu carón sitúase, ademais, un fermoso cruceiro realizado en granito no adro: consiste nunha cruz florenzada coas figuras de Cristo no anverso e a Piedade no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cuadrangulares e sen inscrición.
Lugares e parroquias Lugares de Abadín
Parroquias da Abadín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín
Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María