O 17 de decembro é o día número 351 do ano no calendario gregoriano e o número 352 nos anos bisestos. Quedan 14 días para rematar o ano.
Acontecementos 283 - Caio accede ao papado. 384 - Siricio accede ao papado. 546 - Os ostrogodos do rei Tótila conquistan Roma. 942 - Asasinato de Guillerme I de Normandía. 1398 - O sultán Mehmud derrotado en Timur. 1531 - O papa Clemente VII establece a inquisición en Lisboa, Portugal. 1538 - O papa Paulo III excomunga a Henrique VIII de Inglaterra. 1718 - Gran Bretaña declara a guerra a España. 1770 - en Bonn (Alemaña) é bautizado Ludwig van Beethoven. 1819 - Congreso de Angostura: proclámase a República de Colombia e ofrécese a presidencia a Simón Bolívar. 1941 - Segunda guerra mundial: Inicio da Batalla de Sevastopol. 1941 - Segunda guerra mundial: As forzas imperiais do Xapón aterran no Norte de Borneo. 1973 - Un atentado no Aeroporto di Fiumicino (Roma) provoca 32 mortos. 1983 - O IRA Provisional fai estala un artefacto nunha tenda de Harrods en Londres, matando sete persoas. 1985 - Un incendio nunha discoteca de Madrid mata 24 persoas. 1989 - Celébranse as terceiras eleccións ao Parlamento de Galicia. 1989 - As protestas continúan en Timişoara (Romanía) onde os rebeldes incendian a sede do Partido Comunista Romanés. 1989 - Primeiras eleccións libres no Brasil logo de 25 anos. 1999 - A asemblea das Nacións Unidas aproba que o 25 de novembro sexa o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Ciencia e tecnoloxía 1903 - En Kitty Hawk (Carolina do Norte, Estados Unidos), Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I, construído xunto co seu irmán Wilbur. 2001 - Chegada da terceira expedición á Estación Espacial Internacional.
Nacementos miniatura|100px|Émilie de Breteuil. miniatura|100px|Milla Jovovich. 1706 - Émilie de Breteuil, física e matemática francesa. 1749 - Domenico Cimarosa, compositor italiano. 1770 - Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán 1795 - Christian Friedrich Ecklon, botánico, colleiteiro e boticario dinamarqués. (m.1868) 1830 - Jules de Goncourt, escritor francés. 1835 - Alexander Emanuel Agassiz, científico estadounidense. 1847 - Émile Faguet, escritor francés. 1853 - Émile Roux, físico francés. 1859 - Paul César Helleu, artista francés. 1873 - Ford Madox Ford, novelista inglés. 1888 - Alexandre I de Iugoslavia, rei de Iugoslavia. 1888 - Pedro Barrié de la Maza, empresario e político galego (m. 1971). 1893 - Erwin Piscator, cineasta alemán. 1895 - Ánxel Casal, editor e político galego. 1895 - Luís Pimentel, médico e poeta galego. 1900 - Isidro Parga Pondal, xeólogo galego. Membro das Irmandades da Fala e militante do Partido Galeguista (m. 1986). 1913 - Mary Kenneth Keller, pioneira da informática estadounidense 1919 - Leopoldo Nóvoa, pintor galego. 1936 - Carlos Álvarez Botana, futbolista galego. 1937 - John Kennedy Toole, novelista norteamericano. 1944 - Jack L. Chalker, novelista estadounidense. 1975 - Milla Jovovich, actriz Ucraína.
Mortes miniatura|William Thomson. 942 - Guillerme I de Normandía. 1187 - Papa Gregorio VIII. 1777 - Albrecht von Haller médico, anatomista, poeta e naturista suízo. 1813 - Antoine Parmentier, agrónomo francés. 1830 - Simón Bolívar, heroe nacional de Venezuela. 1881 - Lewis Henry Morgan, avogado, antropólogo, etnólogo e escritor estadounidense. 1897 - Alphonse Daudet, escritor francés. 1907 - William Thomson, Lord Kelvin, físico británico. 1909 - Leopoldo II, rei de Bélxica. 1917 - Elizabeth Garrett Anderson, médica inglesa. 1936 - Xavier Soto Valenzuela, escritor, xornalista e político galego (n. 1893). 1936 - Ángel Fraga Orosa, mestre e político galego (n. 1898). 1936 - César Parapar Sueiras, membro do Partido Galeguista e tenente de alcalde de Viveiro (asasinado). 1940 - Alicia Boole Stott, matemática irlandesa. 1951 - Jimmy Yancey, pianista e compositor de blues. 1957 - Dorothy L. Sayers, escritora británica. 1962 - Thomas Mitchell, actor estadounidense. 1964 - Victor Franz Hess, físico austríaco, premio Nobel de Física en 1936. 1982 - Homer S. Ferguson, político estadounidense. 1982 - Manuel Barros Arbones, escritor e xornalista galego (n. 1889). 1987 - Marguerite Yourcenar, escritora, primeira muller membro da Academia francesa. 1987 - Bernardus Johannes Alfrink, cardeal católico holandés (n. 1900). 1990 - Ashley Edner, actriz. 2011 - Kim Jong-il, líder norcoreano. 2016 - Henry Heimlich, médico estadounidense, inventor da manobra de Heimlich. 2019 - Camilo de Dios Fernández, guerrilleiro antifranquista, sindicalista e político galego (n. 1933).
Festas e celebracións
Outros Santoral: San Lázaro.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Decembro