O Viso é un lugar pertencente á parroquia de San Mamede de Carnota, concello de Carnota. Segundo datos do IGE en 2009 tiña 77 habitantes (33 homes e 44 mulleres).

Infraestruturas Conta cunha praza onde se realizan as festas de San Mamede, e onde está localizada a Escola Municipal de Música de Carnota e unha escola de Educación Infantil. Tamén conta cun parque infantil, así como cancha de baloncesto e futbito.

A 10 minutos a pé sitúanse as praias da Berberecheira, Cangrexeiras e o Asivido que á súa vez se sitúa a 5 minutos da praia de Boca do Río.

Lugares e parroquias Lugares de San Mamede de Carnota

Parroquias de Carnota

Categoría:Lugares de Carnota