Vitixes (morto en 540) foi un xeneral do exército ostrogodo e rei dos ostrogodos do 536 ao 540.

Traxectoria Era o xeneral de Teodato e foi nomeado rei polos seus soldadosLe Beau (1827), p. 470 no curso das guerras contra o Imperio Bizantino, a Guerra gótica de Italia (535-554),Sirago (1999), p. 11 tras o asasinato de Teodato, sobriño de Teodorico o Grande. Para lexitima-la súa posición como rei, no 536, marchou a Rávena e repudiou a súa muller para casar con Matasunta, a única filla de Amalasunta, e así unirse á liñaxe dos Amalos.Le Beau (1827), p. 471

No 535, o exército de Xustiniano I conquistara Sicilia ao mando do xeneral bizantino Belisario, que naquel momento estaba no sur de Italia. Vitixes reorganizou o exército e no 537 asediou Roma, facendo cortar todos os acuedutos que levaban auga á cidade. En marzo de 538 foi obrigado a interromper o asedio para retomar as operacións militares no norte de Italia, onde o xeneral Xoán estaba aproximándose rapidamente a Rávena.

No 540 Belisario atacou a capital dos ostrogodos. Vitixes foi feito prisioneiro e levado xunto coa súa esposa a Constantinopla, onde morreu sen herdeiros.Chastagnol (1996) Logo da súa morte, Matasunta casou con Xermano, un curmán do Emperador.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Reis dos ostrogodos Categoría:Finados en 540