Vitimiro (tamén Withimer) era un membro da familia de Hermanarico e en 375 foi elixido rei dos grutungos (375-376)Heather, 1996, pp. 98-101 despois de que Hermanarico se suicidase.

Traxectoria Aínda que algúns autores o consideran fillo de Hermanarico, Wolfram é de opinión absolutamente contraria aceptando, en todo caso, que fose membro da súa familia.Wolfram (2001), p. 253

Vitimiro foi elixido rei nun momento en que o pobo ostrogodo vivía nunha situación moi precaria e sufriu varias derrotas fronte aos hunos. En 376, os ostrogodos sufriron unha derrota terríbel, onde o propio Vitimiro morreu.Amiano Marcelino, Res gestae, XXXI, 3 Como o fillo de Vitimiro, Viderico, era aínda un neno, dous xenerais experimentados asumiron a rexencia ata que cumprise 21 anos: Alateo e Sáfrax.Kulikowski (2007), p. 126 Tras esta derrota a mans dos hunos, os ostrogodos dirixidos por Sáfrax e Alateo dirixíronse xunto cos visigodos cara ao Dnister, e máis adiante en dirección ao Danubio e o Imperio Romano, mentres que outro grupo importante foi sometido polos hunos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Reis dos ostrogodos Categoría:Finados en 376 Categoría:Mortos en combate Categoría:Dinastía Amala