miniatura|dereita|Casa do concello do Porto do Son Corporacións democráticas no Porto do Son desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Para os comicios do 3 de abril de 1979 presentáronse 5 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.057 persoas, houbo un total de 4.660 votantes (57,84%) e unha abstención de 3.397 persoas (42,16%). Un total de 61 votos foron nulos (1,31%) e ningún foi en branco (0%).

Co 100% excrutado, a Unión de Centro Democrático (UCD) foi a forza máis votada, obtendo 1.527 votos (33,27%) e correspondéndolle 6 concelleiros no pleno. A segunda forza foi Agrupación Municipal Democrática Galega (AMDG) con 1.514 votos (32,92%), co que lle corresponderon outros 6 concelleiros. A terceira forza foi o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG), con 805 votos (17,5%) e 3 concelleiros. O cuarto foi o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), con 659 votos (14,33%) e 2 concelleiros. Por último, o Partido del Trabajo de Galicia (PTG) obtivo 94 votos (2,04%) e ningún concelleiro.

Partido N.º votos % votos N.º edís1.52733,27%61.51432,92%680517,5%365914,33%2942,02%0

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, de AMDG. En maio de 1981 abandonou esta formación, e en marzo de 1982 pasou a militar no PSdeG-PSOE.

1983 Para os comicios do 8 de maio de 1983 presentáronse 2 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.169 persoas, houbo un total de 5.203 votantes (63,69%) e unha abstención de 2.966 persoas (36,31%). Non houbo votos nulos nin votos en branco.

Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 4.003 votos (76,94%) e correspondéndolle 13 concelleiros. A segunda forza foi a coalición de Alianza Popular, Partido Demócrata Popular e Unión Liberal (AP–PDP–UL) con 1.200 votos (23,06%), co que lle corresponderon 4 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís4.00376,94%131.20023,06%4

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE.

1987 Para os comicios do 10 de xuño de 1987 presentáronse 5 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.336 persoas, houbo un total de 5.275 votantes (63,28%) e unha abstención de 3.061 persoas (36,72%). Un total de 83 votos foron nulos (1,57%) e 29 foron en branco (0,56%). Do total de votantes, houbo 5.192 votos válidos (98,43%).

Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 2.702 votos (52,04%) e correspondéndolle 10 concelleiros. A segunda forza foi Centro Democrático y Social (CDS) con 1.277 votos (24,6%), co que lle corresponderon 4 concelleiros. A terceira forza foi a Federación de Partidos de Alianza Popular (AP), con 446 votos (8,59%) e 1 concelleiro. O cuarto foi a Coalición Progresista Galega (PDP–PL–CG), con 430 votos (8,28%) e 1 concelleiro. Por último, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) obtivo 308 votos (5,93%) e 1 concelleiro.

Partido N.º votos % votos N.º edís2.70252,04%101.27724,6%44468,59%14308,28%13085,93%1

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE.

1991

Alcalde: Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE. En agosto de 1992 abandonou o partido e situouse como independente.

Para os comicios do 26 de maio de 1991 presentáronse 3 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.497 persoas, houbo un total de 5.177 votantes (60,93%) e unha abstención de 3.320 persoas (39,07%). Un total de 36 votos foron nulos (0,70%) e 37 foron en branco (0,72%). Do total de votantes, houbo 5.141 votos válidos (99,28%).Consulta de resultados electorales - Mayo 1991 - Porto do Son

Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 3.024 votos (58,82%) e correspondéndolle 10 concelleiros. A segunda forza foi o Partido Popular (PP) con 1.523 votos (29,62%), co que lle corresponderon 5 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 557 votos (10,83%) e 2 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís3.02458,82%101.52329,62%555710,83%2

1995

Alcalde Ramón Quintáns Vila, do PSdeG–PSOE, en coalición co BNG.

Para os comicios do 28 de maio de 1995 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 9.168 persoas, houbo un total de 6.092 votantes (66,45%) e unha abstención de 3.076 persoas (33,55%). Un total de 39 votos foron nulos (0,64%) e 53 foron en branco (0,88%). Do total de votantes, houbo 6.053 votos válidos (99,36%).

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 1.982 votos (32,74%) e correspondéndolle 6 concelleiros. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) con 1.653 votos (27,31%), co que lle corresponderon 5 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1.585 votos (26,19%) e 4 concelleiros. Por último, o Centro Democrático y Social (CDS) obtivo 780 votos (12,89%) e 2 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís1.98232,74%61.65327,31%51.58526,19%478012,89%2

1999

Alcalde: Ramón Quintáns Vila, do PSdeG–PSOE.

Para os comicios do 13 de xuño de 1999 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 9.304 persoas, houbo un total de 5.895 votantes (63,36%) e unha abstención de 3.409 persoas (36,64%). Un total de 77 votos foron nulos (1,41%) e 90 foron en branco (1,55%). Do total de votantes, houbo 5.818 votos válidos (98,69%).

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.528 votos (43,45%) e correspondéndolle 8 concelleiros. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) con 2.064 votos (35,48%), co que lle corresponderon 7 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 858 votos (14,75%) e 2 concelleiros. Por último, Esquerda de Galicia–Os Verdes (EDEG–OV) obtivo 278 votos (4,78%) e ningún concelleiro.

Partido N.º votos % votos N.º edís2.52843,45%82.06435,48%785814,75%22784,78%0

2003 Alcalde: Ramón Quintáns Vila – PSdeG-PSOE, en coalición con AVS. Posteriormente o concelleiro desta formación sería expulsado dela.

2007 Alcalde: Manuel Tomé Piñeiro – PPdeG. Tras unha moción de censura, en novembro de 2009 nomeouse alcalde a Xoán Pastor Rodríguez do PSdeG-PSOE, que gobernou en coalición co BNG.

2011 Alcalde: Luis Oujo Pouso – PP en coalición con AVS.

Para os comicios do 22 de maio de 2011 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:Administración Electoral - Junta Electoral de zona de Noia Bloque Nacionalista Galego–Asembleas Abertas (BNG), encabezada por María Ángela Franco Pouso. Partido Popular (PP), encabezada por Luis Oujo Pouso. Alternativa Veciñal de Porto do Son (AVS), encabezada por Francisco Javier Quiñoy Taboada. Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), encabezada por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.208 votos (39,27%) e correspondéndolle 5 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con 1.237 votos (22,00%), co que lle corresponden 3 concelleiros. A terceira forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 1.200 votos (21,34%) e 3 concelleiros. Por último, Alternativa Veciñal de Porto do Son (AVS) obtivo 837 votos (14,89%) e 2 concelleiros.

Houbo un total de 5.753 votantes (69,72%) e unha abstención de 2.499 persoas (30,28%). Un total de 131 votos foron nulos (2,28%) e 140 foron en branco (2,49%).

2015 Alcalde: José Luis Oujo Pouso — PP

Para os comicios de 2015 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:Xunta Electoral de Zona de Noia. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia da Coruña, 22/04/2015 . Partido Popular (PP), encabezada por José Luis Oujo Pouso. Bloque Nacionalista Galego–Asembleas Abertas (BNG), encabezada por María Ángela Franco Pouso. Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), encabezada por Josefa María Hermo García. PortodoS, encabezada por María Asunción Torres Parada.

Houbo un total de 5.609 votantes (69,63%) e unha abstención de 2.446 persoas (30,37%). Un total de 114 votos foron nulos (2,03%) e 66 foron en branco (1,20%).Elecciones Locales 2015 - A Coruña - Porto do Son

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.641 votos (48,06%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 966 votos (17,58%), co que lle corresponden 2 concelleiros. A terceira forza foi PortodoS, con 934 votos (17,00%) e 2 concelleiros. Por último, o Bloque Nacionalista Galego–Asembleas Abertas (BNG) obtivo 888 votos (16,16%) e tamén 2 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís2.64148,06%796617,58%293417%288816,16%2

Foi elixido alcalde Luis Oujo, do Partido Popular.

2019 Alcalde: José Luis Oujo Pouso — PP

Para os comicios do 26 de maio de 2019 presentáronse 3 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:Xunta Electoral de Zona de Noia. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2019 Boletín Oficial da provincia da Coruña, 24/04/2019 Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), encabezada por Miguel Mayán Dios. Bloque Nacionalista Galego (BNG), encabezada por Balbino González Montemuíño. Partido Popular (PP), encabezada por Luis Oujo.

Houbo un total de 5.651 votantes (72,26%) e unha abstención de 2.169 persoas (27,74%). Un total de 62 votos foron nulos (1,10%) e 52 foron en branco (0,93%).

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.853 votos (51,05%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 1.444 votos (25,84%), co que lle corresponden 3 concelleiros. A terceira forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1.240 votos (22,19%) e 3 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís2.85351,05%71.44425,84%31.24022,19%3

2023 Alcalde: José Luis Oujo Pouso — PP

Para os comicios do 28 de maio de 2023 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:Junta Electoral de Zona de Noia. Eleccións locais 2023. Publicación de candidaturas proclamadas Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº82, do 2 de Maio de 2023 Bloque Nacionalista Galego (BNG), encabezada por José Balbino González Montemuíño. Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), encabezada por Jorge Romero Pérez Partido Popular (PP), encabezada por José Luis Oujo Pouso. Compromiso por Galicia (CxG), encabezada por Víctor Manuel León Queiro.

Houbo un total de 5.510 votantes (70,83%) e unha abstención de 2.269 persoas (29,17%). Un total de 68 votos foron nulos (1,23%) e 58 foron en branco (1,07%).Junta Electoral Central. Resolución de 5 de julio de 2023, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, por la que se publica el resumen de los resultados de las elecciones locales convocadas por Real Decreto 207/2023, de 3 de abril, y celebradas el 28 de mayo de 2023, según los datos que figuran en las actas de proclamación remitidas por cada una de las Juntas Electorales de Zona. Provincias: Cantabria, Castellón, Ciudad Real, Córdoba, A Coruña, Cuenca y Gipuzkoa Boletín Oficial del Estado, do 15 de setembro de 2023

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.799 votos (51,43%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1621 votos (29,79%), co que lle corresponden 4 concelleiros. A terceira forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 916 votos (16,83%) e 2 concelleiros. A forza menos votada foi Compromiso por Galicia (CxG), con 48 votos (0,88%), que non supera o limiar do 5% para obter algún concelleiro.