O río Castro é un río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas ao océano Atlántico na pequena ría de Lires.
Descrición miniatura|dereita|270px|Localización do río Castro no SW da provincia da Coruña. miniatura|dereita|270px|Pontella Vella, en Lires. Fontes O río Castro nace a uns 200 m de altura na aba do monte Escaleira, de 344 m, no concello de Vimianzo.
Percorrido Atravesa o val desa localidade. Fai de linde entre os municipios de Muxía e Dumbría primeiro, e logo entre Muxía e Cee. Logo de 30 Km de percorrido vai desembocar na ría de Lires. A súa cunca, limitada ao norte pola do río Grande, e ao sur pola do río Xallas, cobre unha área de 140 Km².
Afluentes Recibe varios regatos por ambas as dúas beiras. Algúns deles son o río Fragoso e o rego de Xerpe pola esquerda e o río do Monte e o rego de Vilachán pola dereita.
Réxime hídrico O Castro é un río de réxime pluvial de tipo oceánico. Recolle 1.494 mm de precipitacións medias na súa bacía hidrográfica, aínda que na cabeceira se superan os 2.000 mm. O seu caudal absoluto medio, na foz, é de 5,2 m³/s.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Castro, ría de Lires
Castro Río do Castro