miniatura|Adam Mickiewicz por Walenty Wańkowicz Adam Bernard Mickiewicz, nado en Zavosse o 24 de decembro de 1798 e finado en Constantinopla o 26 de novembro de 1855, foi un poeta e nacionalista polaco cuxa obra marca o comezo do Romanticismo no seu país. Coñéceselle sobre todo como o autor do poema dramático Dziady e a epopea nacional Pan Tadeusz, a cal é considerada a último gran epopea da nobreza polaco-lituana.

Hai un gran debate sobre a nacionalidade do poeta. Algúns polacos reclaman a Adam Mickiewicz como autor polaco xa que escribiu nese idioma, ademais de estar enterrado en Cracovia. Outros o denominan lituano xa que no comezo da epopea Pan Tadeusz, comeza coa frase "Oh, Lituania". O termo “Lituania” usado por Mickiewicz refírese máis a unha rexión xeográfica que a un país. Mickiewicz fora criado na cultura da unión polaco-lituana, un estado multicultural que ocupara a maioría do que hoxe son os países independentes de Polonia, Lituania, Belarús e Ucraína; mentres que os belarusos reclámano baseándose no lugar físico onde naceu, actualmente en Belarús. Notas

Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Escritores de Belarús Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Nados en Zavossie Categoría:Nados en 1798 Categoría:Finados en 1855