José Ignacio Pardo Pedrosa, máis coñecido como Ignacio Pardo, nado en Lugo en 1947, é un videoartista galego dedicado tamén a outros sectores do audiovisual como a dirección artística.
Traxectoria Comezou na videocreación en 1985 con Videoviolín. Participou no Certame de Cádiz (1987) Certame Nacional de Vídeo de Vitoria (1986) e estivo presente en ARCO (1988 e 1989),"Panorama Europeo de Videoarte" no Centro Cultural Conde Duque realizado en Madrid en 1992, "La Imagen Sublime. Vídeo de creación en España 1970-1985", "Bienal de la Imagen en Movimiento. Visionarios Españoles"(1992), "Todo fluye: infografía española" (1996), "Señales de Vídeo. Aspectos de la videcreación española de los últimos años " (1996) organizadas polo Centro de Arte Raíña Sofía, “Nuevos caminos. Amenazas y promesas del arte electrónico" Consellería de Cultura (1999), ademais de na Documenta de Kassel e outras mostras internacionais como Hannover, Arnheim, Utrecht, Rennes, Cannes, Liubliana, Nápoles, Sydney, Graz, Berlín, Innsbruck, São Paulo, Helsinki, Lynz, Moscova etc... En maio e xuño de 2007 expón " Senescencia" no soto do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. En novembro de 2018 expón "Exhumación" na Fundación Luis Seoane da Coruña.
Obras de Videocreación Videoviolin (1985) Parpadeo (1986) Triángulo (1988) Tránsito (1988) Antípoda (1988) Ninfografía (1992) Carne viva (1993) Ojo de pez (1994) Ventanas de noche (1995) La tentación del caracol vive arriba (1996) Paseantes (2003) Moscas (2004) Vientre, Mosca, Agua, Bosque, Senescencia, Abrazo, Latido e Fuego (2007)
Dirección artística Contrabajo (1997) Blanca Madison (2000) Toda clase de peles (2001) Himno Galego (2001)
Exposicións Retrospectiva no CGAC. Fundación Luis Seoane da Coruña.
Categoría:Videoartistas Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes