miniatura|300px|Vías hispanas no Itinerario de Antonino. 200px|miniatura|dereita|A Vía XVIII ou Vía Nova, ó seu paso polo concello de Lobios. 200px|miniatura|dereita|Miliario XXIX na Vía Nova en Campo do Gerês, Terras de Bouro. 200px|miniatura|dereita|Miliario de Zadagós (Sandiás). A vía Nova, no itinerario de Antonino a Vía XVIII, era a vía romana que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 215 millas romanas (uns 318 quilómetros).

Traxectoria A vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado. A vía tiña unha lonxitude de 215 millas romanas. O gobernador da provincia Citerior naquel tempo era Illote Calpetano Rantio Quirinal Rufo Valerio Festo.

Construción Segundo a información extraída dos miliarios dedicados a Tito Flavio Vespasiano e ó seu irmán Domiciano, construiríase entre os anos 79 e 80 da nosa era. Sería restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado vén reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III).

Unha das mansio (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. No seu trazado estaban sinalizadas os millia passum con miliarios, solitarios ou en grupo. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa, concretamente 281.

Conserva os seguintes monumentos epigráficos:

Miliarios, sinalizan os millia passum. Aras, dedicadas aos Lares viais. Inscricións honoríficas, como a dedicada a Traxano na Ponte do Bibei.

Mansións viarias

As etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino, coa súa redución actual, son as seguintes:

Bracara Augusta (Braga) Salaniana (Chorense, Terras de Bouro) Aquis Originis (Os Baños, Río Caldo, Lobios) Aquis Querquennis (Baños de Bande) Geminis (Sandiás) Salientibus (Baños de Molgas) Praesidio (O Burgo) Nemetobriga (Mendoia) Forum gigurrorum (ponte da Cigarrosa, A Rúa) Gemestario (O Robledo da Lastra) Bergido (Castro da Ventosa, Cacabelos) Interamnio Flavio (San Román de Bembibre) Asturica Augusta (Astorga)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Itinerario de Antonino Vía romana Lista de vías romanas Vía XIX Vía XX

Categoría:Vías romanas de Gallaecia Categoría:Historia antiga de Galicia Categoría:Historia antiga de Portugal