Guadalaxara (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.
O seu censo municipal é de 87.452 habitantes (INE 2022) e a área do seu concello abrangue 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.
Étimo do topónimo e historia Guadalaxara identifícase coa localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "río de pedras".
A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia, a súa proximidade a Madrid convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.
Monumentos Palacio do Infantado Panteón da Condesa da Vega del Pozo e Duquesa de Sevillano Igrexa de San Ginés Igrexa de San Nicolás o Real Igrexa de Santiago Concatedral de Santa María da Fonte a Maior Capela de Luís de Lucena Palacio da Cotilla Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información e imaxes de Guadalaxara