San Pedro de Rubiós é unha parroquia do concello ourensán do Riós. Segundo o IGE, en 2023 tiña 39 habitantes (23 homes e 16 mulleres).

Patrimonio A igrexa de San Pedro de Rubiós foi construída no ano 1700 por Francisco de Rosales, mestre carpinteiro, sendo abade o señor Juan de Figueroa, comisario do Santo Oficio. Na porta principal atópase un escudo dunha casa nobre. Máis antigo có edificio é unha imaxe de madeira da Virxe co neno, quizais do século XVI, coñecida como a Virxe do O. Os retablos laterais da igrexa son da mesma época.

Lugares e parroquias Lugares de Rubiós

Parroquias do Riós

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós

Categoría:Parroquias do Riós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro