Valderrei foi unha serie de televisión diaria producida por Zenit, emitida na TVG entre o 27 de febreiro e o 29 de xuño de 2007.

Os seus capítulos tiñan unha duración aproximada de 35 minutos. Era unha adaptación da serie catalá Ventdelplà, que se estreou en TV3 a principios de 2005.

Sinopse Valderrei conta a historia de Isa, unha muller de 40 anos, casada e con dous fillos, que despois de vivir moitos anos en Ferrol foxe dunha situación matrimonial crítica. Isa terá que refacer a súa vida no lugar onde ten as súas raíces, a pequena vila de onde procede a súa familia. En Valderrei, un lugar imaxinario que na realidade se situará entre Caldas de Reis e Padrón, a protagonista vivirá experiencias novas, fará amigos e inimigos e iniciará novas relacións.

Personaxes Mónica García, como Isa Sheyla Fariña, como Xandra Darío Loureiro, como Marco Antón Olmos, como David Blanca Cendán, como Marga Guillermo Carbajo, como Martiño Javier Rey, como Rafa Tamara Canosa, como Mónica Isabel Naveira, como Nuria Miguel Pernas, como Afonso Toño Casais, como Félix María Louro, como Esther Gonzalo Rei Chao, como Xaime Xoán Carlos Mejuto, como Carlos Orisel Gaspar Rojas, como Neila

Véxase tamén Ligazóns externas Valderrei en AVG

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2007 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2007 Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega