Anatolii Evguenevich Karpov, nado o 23 de maio de 1951 en Zlatoust, é un xadrecista profesional ruso. Foi Campión do mundo de xadrez no período 1975-1985 e, para a FIDE, no 1993-1999. En abril de 2007, na lista da FIDE, ocupaba o posto 39º do mundo cun Elo de 2668 e número 11 de Rusia. O seu mellor Elo é de 2780, logrado en xullo de 1994.

Traxectoria Karpov gañou o Campionato da URSS de xadrez, en 3 ocasións, nos anos 1976 Campionato da URSS 1976 e 1983 Campionato da URSS 1983 en solitario, e en 1988 compartindo o primeiro posto con Garry Kasparov Campionato da URSS 1988. A súa carreira foi exitosa desde moi cedo. Converteuse no mestre nacional máis novo da Unión Soviética en 1966 aos 15 anos de idade, e en 1969 gañou o campionato mundial xuvenil Campionato mundial xuvenil 1969.

Foi nomeado Mestre do Deporte da URSS en 1966, Mestre Internacional en 1969 e, ao ano seguinte, obtivo a norma de Gran Mestre Internacional.

Os seguintes anos viron unha rápida consolidación, e en 1973 obtivo o segundo lugar no campionato soviético e o primeiro no torneo internacional de Leningrado Leningrado 1973, o que lle deu dereito a participar nos matches de candidatos. Tras vencer en cuartos de final a Lev Polugaevski, debeu enfrontarse ao ex-campión mundial Boris Spassky, a quen derrotou, convincentemente e contra todo prognóstico, por 4-1 (as táboas non contaban). Na final derrotou a Viktor Korchnoi por un estreitísimo 12.5-11.5.

O anterior deulle o dereito a enfrontarse a Robert Fischer pola coroa mundial, pero a renuncia do estadounidense a defender o seu título converteuno en 1975 no 12º campión mundial sen necesidade de xogar un match Robert Fischer renuncia. Esta situación levouno a probar que era efectivamente o xogador máis forte do mundo, e non un campión de papel, obxectivo que cumpriu con pleno éxito defendendo o seu título en 1978 (en Baguio) Baguio 1978 e 1981 (en Merano) Merano 1981 ante Viktor Korchnoi con resultados de 6-5 e 6-3 respectivamente (as táboas non contaban). Ademais gañou innumerables torneos e foi o líder indiscutido ata a aparición de Garri Kasparov, con quen se enfrontaría durante máis dunha década nunha rivalidade tan forte e apaixonante como poucas na historia do deporte. En 1984 debeu defender o seu título contra el, e tras unha polémica cancelación (tras liderar 5-0 o aspirante achegouse a 5-3 pero o match prolongouse máis de tres meses) Match cancelado 1984/5 mantívose como campión ata 1985, ano en que foi batido por Kasparov Karpov-Kasparov 1985. Tras este perdeu tres apertadísimos encontros: En Leningrado 1986 por 12.5-11.5 Londres-Leningrado 1986 , en Sevilla 1987 12-12 (o campión Kasparov mantiña o título en caso de empate) Sevilla 1987 e en Nova York-Lión 1990 12.5-11.5 Nova York-Lión 1990. Recuperou o título en 1993 nun match contra Jan Timman Karpov-Timman 1993 en Yakarta tralo cisma no cumio do xadrez mundial que creou dous campionatos do mundo, ao separarse Kasparov da Federación Internacional para crear a Asociación Profesional de Xadrez. Este novo título, no entanto, non se equiparaba ao que ostentou ata 1985, precisamente polo ambiente dividido en que se xera, e a que Kasparov continuaba ostentando o número un da clasificación. De calquera xeito, defendeu o seu título novamente en 1996 contra Gata Kamsky Karpov-Kamsky 1996] e en 1998 contra Viswanathan Anand, nun disputado e axitado match Karpov-Anand 1998.

Nesta época considérase o seu maior éxito a súa actuación no Torneo de Linares 1994 Linares 1994, o torneo máis forte da historia ata ese momento, e onde se impuxo cunha marxe de 2.5 puntos sobre os segundos (Kasparov e Xírov). O seu resultado de 11/13 nun torneo de media ELO 2685 é o máis forte rexistrado na historia (se se exceptúa o 11/11 de Fischer no campionato dos Estados Unidos 1963-1964 que cualifica como "infinito", pero contra unha oposición de nivel moitísimo menor).

Logo das actuacións referidas de 1994 e 1998, que se consideran dignas da súa calibre aínda, o ex-campión mundial segue xogando activamente, pero non no altísimo nivel que antes mantiña. Finalmente ata se negou a defender o seu título da FIDE por incompatibilidade de opinións, e pouco a pouco afastouse dos primeiros postos da clasificación oficial. Pero mantén un alto nivel, e segue participando especialmente en torneos de xadrez rápido, nos cales non amosa declive.

Para finalizar, Karpov tamén realizou outro tipo de actividades importantes, como poden ser: Deputado do Congreso de Rusia, Presidente do Fondo Internacional para a Paz e Presidente da Comisión para os damnificados de Chernóbil.

Anterior:Bobby FischerCampión do mundo de xadrez1975–1985Seguinte:Garry KasparovAnterior:Garry KasparovCampión do mundo de xadrez da FIDE1993–1999Seguinte:Alexander Khalifman

Homenaxe Torneo Anatolii Karpov O Torneo Anatolii Karpov (ou Torneo de Poikovsky) é un prestixioso torneo anual de ajedrez que se celebra na localidade rusa de Poikovsky. Trátase dun caso único no mundo do xadrez, xa que rende homenaxe ao duodécimo campión do mundo mentres este aínda vive. Dispútase baixo a modalidade de liga (todos contra todos) e conta coa participación de dez grandes mestres.

# Ano Gañador(es) I 2000 Victor Bologan II 2001 Victor Bologan III 2002 Alexander Onischuk IV 2003 Joël Lautier Peter Svidler V 2004 Sergei Rublevsky Alexander Grischuk VI 2005 Étienne Bacrot Victor Bologan VII 2006 Alexei Shirov VIII 2007 Dmitry Jakovenko IX 2008 Vugar Gashimov Dmitry Jakovenko Sergei Rublevsky Alexei Shirov X 2009 Alexander Motylev XI 2010 Victor Bologan Sergey Karjakin XII 2011 Étienne Bacrot Sergey Karjakin XIII 2012 Dmitry Jakovenko XIV 2013 Pavel Eljanov XV 2014 Alexander Morozevich XVI 2015 Victor Bologan Anton Korobov XVII 2016 Anton Korobov XVIII 2017 Evgeniy Najer Emil Sutovsky XIX 2018 Dmitry Jakovenko XX 2019 Vladislav Artemiev Dmitry Jakovenko XXI 2022 Sanan Sjugirov XXII 2025 Amin Tabatabaei XXIII 2026 Denis Lazavik Referencias

Categoría:Xadrecistas de Rusia Categoría:Campións do mundo de xadrez Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados no óblast de Cheliábinsk Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL Categoría:Xadrecistas do século XX Categoría:Xadrecistas do século XXI Categoría:Grandes Mestres de xadrez