Apiano (en latín Appianus Alexandrinus e en grego Αππιανός Αλεξανδρεύς), ás veces citado como Apiano de Alexandría, nado en Alexandría circa o 95 e finado circa o 165, foi un historiador romano de orixe grega, que viviu durante os gobernos de Traxano, Hadriano e Antonino Pío.
Traxectoria Naceu arredor do ano 95 d.C en Alexandría (hoxe en Exipto). El mesmo conta que logo de cumprir diversas maxistraturas na provincia de Exipto, recalou en Roma cara ao 120, onde exerceu a avogacía, mantendo casos perante os emperadores. No 147 exerceu como procurador, posibelmente en Exipto mesmo, por recomendación do seu amigo Marco Cornelio Frontón. Este cargo de procurador só podía ser exercido por membros da clase, ou ordo, ecuestre.
Obra A súa obra, Ῥωμαϊκά, coñecida como Historia Romana, en 24 libros (dos cales só 10 están completos) escrita en grego antes do ano 165. Neles, inclúese a historia de Iberia cun carácter etnográfico, e tamén deixou noticias sobre as guerras celtiberas e a conquista de Numancia (libro VI: De rebus Hispaniensibus).
Son máis ben unha colección de monografías que unha historia cohesionada. Nela efectúa unha narración sobre diversos pobos e territorios, desde as súas orixes ata a súa incorporación a Roma, rematando na morte de Traxano. Algúns dos libros completos e considerábeis fragmentos da obra chegaron até nós. Pese á falta de atractivo do seu estilo, a obra é valiosa, especialmente no que se refire ao período das guerras civís. miniatura|Historia Romana de Apiano (impresa en Venecia en 1477 por Erhard Ratdolt). VolumeTítulo en latínArgumentoEstado actualIDe regibus RomanorumMonarquía romanaFragmentosIIDe rebus ItalicisRepública romana. A expansión romana en Italia (496-275 a. C.)FragmentosIIIDe rebus SamniticisGuerras samnitasFragmentosIVDe rebus GallicisGuerra das GaliasFragmentosVDe rebus Siculis et reliquarum insularumConquista romana de Sicilia e das illasFragmentosVIDe rebus HispaniensibusConquista de HispaniaCompletoVIIDe bello AnnibalicoSegunda guerra púnicaCompletoVIIIDe rebus Punicis et De rebus Numidicis (appendix)Tercera guerra púnica e guerra de IugurtaCompletoIXDe rebus Macedonicis et De rebus Illyricis (appendix)Guerras macedónicas e guerras ilíricasFragmentosX...Guerra en Asia e GreciaPerdidoXIDe rebus SyriacisGuerra romano-siriaCompletoXIIDe bello MithridaticoGuerras mitridáticasCompletoXIIIDe bellis civilibus Lib. IPrimeira guerra civil da República romanaCompletoXIVDe bellis civilibus Lib. IISegunda guerra civil da República romanaCompletoXVDe bellis civilibus Lib. IIIBatalla de MutinaCompletoXVIDe bellis civilibus Lib. IVTercera guerra civil da República romanaCompletoXVIIDe bellis civilibus Lib. VGuerra de Perusia e guerra contra Sexto PompeioCompletoXVIII...Guerra en Exipto IPerdidoXIX...Guerra en Exipto IIPerdidoXX...Guerra en Exipto IIIPerdidoXXI...Guerra en Exipto IVPerdidoXXII...Guerra do ImperioPerdidoXXIII...Guerras daciasPerdidoXXIV....Conquista de Arabia de campañas párticas de TraxanoFragmentos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Apiano. Historia romana. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1661-9 Volumen I: Historia romana I. 1994. ISBN 978-84-249-3550-4. Volumen II: Historia romana II: Guerras civiles. Libros I-II. 1985. ISBN 978-84-249-3551-1. Volumen III: Historia romana III: Guerras civiles. Libros III-V. 1985. ISBN 978-84-249-3552-8
Ligazóns externas
As guerras en Hispania (en proxecto Perseus). (en inglés) Las guerras ibéricas, na Biblioteca Nacional (texto traducido de 1882)
Apiano Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século II