A Venus de Milo, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos, é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París.

Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,02Ficha da obra , no sitio oficial do Louvre m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu baseamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.

Descubrimento

A Venus de Milo foi atopada, rota en dúas peza, en 1820, na illa grega de Milos (Grego moderno: Μήλος; grego antigo: Μῆλος Melos), no suroeste das illas Cícladas, por un campesiño chamado Yorgos Kentrotas. Un oficial da mariña francesa, Jules Dumont d'Urville, decatouse do valor da obra e, grazas á mediación do Marqués de Rivière, embaixador francés perante o goberno otomán, puido pechar a súa adquisición para lla ofrecer, logo de ser restaurada, ao rei Lois XVIII no ano 1821 que a mandou colocar no museo do Louvre, onde aínda se exhibe.

Interpretacións miniatura|120px|Venus de Milo, dorso.|esquerda

A Venus de Milo data de arredor de 130 a 90 a.C., aínda que a súa composición responde a cánones do período clásico grego. É unha variante do tema de Afrodita seminúa, representada habitualmente a se mirar no escudo de Ares (o Marte romano), que ela acostuma soster tendo en equilibrio sobre o seu xeonllo esquerdo (como a Venus de Capua, do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles).

Porén, ignorándose a postura orixinal da estatua, tamén podería tratarse dunha Afrodita vitoriosa presentando a mazá de ouro a Paris. Dous fragmentos, dun brazo esquerdo e dunha man esquerda, esta sostendo unha mazá, foran atopadas preto da estatua. Foron feitas numerosa tentativas de reconstitución da estatua, mais nunca foi emprendida a súa restauración completa.

Segundo outras versións, tamén podería representar a Anfitrite, unha deusa marítima, adorada na illa de Milo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha da obra , no sitio oficial do Louvre

Venus de Milo Categoría:Escultura da Grecia antiga Categoría:Esculturas do Museo do Louvre Categoría:Esculturas da arte grega helenística Categoría:Mitoloxía na arte