Olimpio Romero Escudero, nado en Carballo cara a 1917, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado polo exército rebelde. Foi detido o 8 de xullo de 1941 e procesado o 14 de decembro dese ano na causa 286/41. Xulgado en Ourense en consello de guerra en 1942 por auxilio á rebelión xunto con Román Faílde Areán e José Pérez Bermejo, foi condenado a 26 anos de prisión o 7 de xuño de 1943.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en ano descoñecido