O Libertad I foi un satélite artificial construído polo programa espacial da Universidade Sergio Arboleda de Colombia. Foi o primeiro satélite colombiano enviado a órbita. Lanzado o 17 de abril de 2007, xunto con outros catorce satélites, a bordo do foguete Dnepr-1 dende o Cosmódromo de Baikonur.

Proxecto Cun investimento de 800 millóns de pesos, o Libertad I foi o primeiro satélite construído en Colombia con asesoría dos Estados Unidos. Este proxecto académico baseouse no PicoSatélite CubeSat (satélite miniaturizado de menos de 1 kg) deseñado por Boeing para proxectos espaciais de baixo orzamento. Aínda que este predeseño veu coa maioría das partes, é preciso construír os sistemas periféricos e realizar toda a súa programación.

A idea comezou en 2001 cando César Ocampo presentou a idea nun congreso, pero non tivo moita acollida. Despois, en 2004, o proxecto renaceu coa axuda de Raúl Joya, director do observatorio astronómico da Universidade Sergio Arboleda e de Álvaro Leyva promotor do observatorio, e baixo a dirección técnica do científico Iván Luna Castro.

En febreiro de 2005 empezou formalmente a construción do satélite.

Durante a súa vida útil realizou máis de 2320 trasmisións nas que enviou máis de 11600 paquetes de datos, entre os que estaban temperaturas en tempo real das súas superficies e velocidades de órbita.

Calcúlase que o Libertad I estivo orbitando a Terra durante outros seis anos e logo desintegrouse ao reentrar na atmosfera terrestre.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos FACSAT-1

Categoría:Satélites artificiais de Colombia