Paul R. Whitnah, nado en Little Rock, Arcansas, o 21 de xaneiro de 1947, é un numismático estadounidense.
Traxectoria
Paul Whitnah naceu en 1947 en Little Rock, Arcansas. Aos 17 anos graduouse na Little Rock Central High School, e logo cursou os seus estudos superiores na Universidade de Arcansas,Reiter, E. (2016). Páxina 58. onde se licenciou en 1969.Smith, P. (2025).
No ámbito profesional, Whitnah foi xerente da compañía American Airlines en Shreveport, Luisiana, e logo traballou para a mesma empresa en Chicago, ata que en 1988 estableceu e pasou a dirixir a súa propia axencia de viaxes en Arlington, Texas.Reiter, E. (2016). Páxina 59.
Afeccionado á numismática desde a súa infancia, a súa figura é coñecida no ámbito numismático estadounidense polo seu labor no seo da American Numismatic Association, na que ingresou sendo moi novo e xa desde 1968 comezou a participar como voluntario no fomento da participación da xuventude na entidade, que o recoñeceu con varios premios pola súa dedicación. Igualmente, foi membro do Numismatic Literary Guild, que tamén o preimou, pola publicación de numerosos artigos en revistas especializadas do ámbito numismático.
Tamén foi membro do Professional Numismatists Guild e formou parte da Comisión de Ensaios dos EEUU en 1973.
Recoñecementos Entre os recoñecementos acadados por Paul Whitnah, destacan os seguintes pola súa relevancia:
1978: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1992: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA. 2005: Premio á Traxectoria, da ANA.
2010: Premio Clemy, do Numismatists Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Reiter, E. (2016). "“YN” Pioneer Paul Whitnah He Helped Open the ANA to Younger Members". En COINage. Vol. 52. Nº 8. Páxinas 58-59. Smith, P. (2025). "Whitnah, Paul R(aymond)". En American Numismatic Biographies. Páxina 447.
Ligazóns externas
Perfil de Paul Whitham en X Vídeo: Paul Whitnah Shares Stories of Famous Coin Collectors. Coin Television
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Little Rock Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Arcansas Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Personalidades sen imaxes