miniatura|Elena Gallego Abad, guionista e produtora de Furancho, bota viño! Furancho, bota viño! é unha curtametraxe (19:59 minutos) rodada en 2025 en lingua galega, con guión de Elena Gallego Abad e dirección de Mayka Braña. É unha comedia baseada na reapertura dun furancho. Foi rodada no Furancho Lois de Marín en galego con subtítulos en galego, castelán, inglés e francés.
Sinopse Un furancho tradicional das Rías Baixas vai abrir as súas portas. Mayka decide poñerse á fronte da pequena adega familiar, tras deixar o seu posto executivo nunha importante empresa de Marín. Pero non será tan fácil como aparenta: Silda, a matriarca, sufriu un accidente doméstico; a cociñeira non aparece e a súa filla adolescente só pensa en tocar o clarinete. Os primeiros clientes cóanse cunha televisión para ver un partido de fútbol e a chegada dunha parella da Garda Civil está a piques de facerlles perder os papeis.
Equipo
Mayka Braña Alonso, dirección e dirección de casting. Elena Gallego Abad, guión, axudante de dirección e produción executiva. Diego Muñoz Barcia, realización. Diego Santaclara Ferradás, dirección de fotografía Javier Costela Vázquez e Brais Romero Martín, operadores de cámara. Álvaro Morais Martínez e Joseph Sinbad Barr, son. Felipe Rea, adaptación musical e arranxos de música tradicional. Nazareth Pastoriza Simes, Script/Arte. Carla Fernández Pérez e Sheyla de la Osa Moreno, Perrucaría e Maquillaxe. Trece Amarillo Filmes SL., Equipo técnico. Cityblue Films, distribución.
Elenco Alba Recondo Alejandra Arcos Alfonso Agra Anxo Carvajal Carlos Blanco Felipe Rea (gaiteiro) Josito Porto Mayka Braña Nano Rivas Paco Pernas Silda Alfaro Teté Delgado
Percorrido A curta está nun circuíto internacional de 300 festivais.
Participou na Mostra de Cinema do Rosal e na quinta edición do MAC Marín. Tamén acudirá a Lugo, Roma ou Donostia.
Premios
2026: Premio do Público no festival MAC Marín.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Trailer da curtametraxe en YouTube
Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Curtametraxes galegas