A taxonomía de Linné úsase amplamente nas ciencias biolóxicas. Foi desenvolvida por Carolus Linnaeus (coñecido comunmente como Carl von Linné, Carlos de Linné, Linneo ou Lineu) no século XVIII durante a gran expansión da historia natural.

A taxonomía de Linneo clasifica os seres vivos nunha xerarquía, comezando cos reinos. Os reinos divídense en filos. Os filos divídense en clases, despois en ordes, familias, xéneros e especies, e dentro de cada unha destas en subdivisións. Os grupos de organismos en calquera destas clasificacións denomínanse taxa ou taxons (singular, taxon), filos ou grupos taxonómicos.

Esquema taxonómico miniatura|490x490px|A xerarquía da clasificación científica dos seres vivos.|esquerda Resumo presentado do máis xeral ao máis específico:

Imperio Superdominio Dominio Reino Filo (animais) / División (plantas) Subfilo / Subdivisión Superclase Clase Subclase Superorde Orde Suborde Superfamilia Familia Subfamilia Xénero Subxénero Especies Subespecie

Exemplo Consideremos a clasificación do hibisco siríaco:

Reino: Plantae (Todas as plantas) División ou filo: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Malvales Familia: Malváceas (Malvaceae) Xénero: Hibisco Especie: Hibiscus syriacus

Características Cando un científico clasifica un novo ser vivo, busca clasificalo dentro dunha categoría xa existente, baseándose nunha lóxica establecida, comproba a que familia pertence e, ao final, atopa o nome máis axeitado para esa especie. Linné estableceu o estándar máis empregado para a clasificación taxonómica.

Unha calidade da taxonomía de Linneo é que pode empregarse para desenvolver un sistema sinxelo e práctico para organizar diferentes tipos de organismos vivos. O aspecto máis importante é o uso xeral da nomenclatura binomial, a combinación dun nome xenérico e un nome específico (syriacus, neste exemplo), para identificar a especie. No exemplo anterior, o hibisco de Siria identifícase de xeito único co binomio Hibiscus syriacus. Ningunha outra especie vexetal pode ter este binomio. Deste xeito, pódese dar un nome único e estable a todas as especies.

Os biólogos profesionais adoptaron regras para a denominación e clasificación axeitadas de todo tipo de organismos vivos segundo o sistema taxonómico linneano. As regras que rexen a nomenclatura e a clasificación de plantas e fungos están recollidas no Código Internacional de Nomenclatura Botánica, mantido pola Asociación Internacional de Taxonomía Vexetal. Existen códigos semellantes para animais e bacterias. Os científicos seguen estes códigos para que os nomes dos organismos sexan o máis claros e estábeis posible.

Co tempo, a nosa comprensión das relacións entre os seres vivos foi cambiando. O principal cambio foi a aceptación xeneralizada da evolución como o mecanismo da diversidade biolóxica e da formación de especies. Agora, nalgúns sistemas, os grupos taxonómicos monofiléticos son xeralmente recomendados (véxase cladística).

Orixinalmente, Linneo tiña 3 reinos no seu esquema, chamados Plantae, Animalia e un grupo adicional , Mineralia, para os minerais, que foi posteriormente abandonado (véxase Taxonomía dos minerais segundo Linneo). Desde entón, varias formas foron trasladadas a tres novos reinos: Monera, para os procariotas, Protista (algúns científicos chaman a este grupo Protoctista, para protozoos e algas, e Fungi . Este esquema aínda está lonxe da filoxenia ideal, e o esquema dos cinco reinos foi amplamente substituído no traballo taxonómico moderno por unha división en tres dominios: bacterias e arqueas, que conteñen os procariotas, e eucariotas, que comprenden as formas restantes. Isto foi precipitado polo descubrimento das arqueas.

Véxase tamén a árbore evolutiva, que ten algunhas subdivisións adicionais e presenta a visión taxonómica actual.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Árbore filoxenética Carl von Linné Taxonomía Taxonomía (bioloxía)

Categoría:Carl von Linné Categoría:Taxonomía