Manuel Casado Gil, nado en Forcarei cara a 1903 foi un canteiro, militar e político galego. Traxectoria
Canteiro veciño de Sanguñedo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba traballando en Madrid. Militante da CNT, participou inicialmente na contenda na Columna del Rosal, e acadou o grao de comandante. Ao remate da guerra foi detido, e estivo 17 meses preso en Pontevedra. Xulgado en Madrid en consello de guerra o 10 de xullo de 1940 con Darío Tato Fernández e José López Muradás, foi condenado a 5 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Central de Yeserías, de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1942.BOE, 29-6-1942, p. 4630-4631. Foi detido en 1948 acusado do intento de organizar unha célula "extremista" en Soutelo de Montes con Nicanor Pena López. Estivo preso na Prisión Provincial de Huesca. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Forcarei (1936-1977)
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido