Cartas a Lelo é unha novela de literatura infantil e xuvenil en formato epistolar, da autoría de Xosé Neira Vilas, publicada por Ediciós do Castro (Sada), en 1971, con cuberta e cinco ilustracións de Luís Seoane. O libro foi escrito en Cuba en 1970 e remitido a Isaac Díaz Pardo, a Sada, para a súa publicación.
Descrición O remitente das vinte e unha cartas é Toño de Loureiro (o Peilao), un rapaz de doce ou trece anos, que escribe a un amigo seu da mesma idade, Lelo, emigrado cos pais ao Brasil. Toño é un neno da mesma aldea que Balbino, protagonista da obra publicada dez anos atrás Memorias dun neno labrego. En Cartas a Lelo reaparecen algúns escenarios e personaxes de Memorias. Outros personaxes do relato son Delaira (irmá de Toño), o Marxado, o Tamboril, o Bolecho e Aurora. O libro narra moitos sucesos da vida cotiá. Toño escribe unha especie de crónica da aldea. Describe como viven os veciños ó longo das estacións do ano, con anécdotas como a chegada do circo á aldea, o baño dos mozos no río, a pesca, as peleas dos nenos cos da aldea veciña, as obras de teatro que fan as mozas e mozos, o mozo que chega da mili contando as súas historias e o incendio producido por un descoido.
No mesmo ano 1971 Neira Vilas publicou outros dous libros para nenos: O cabaliño de buxo (tamén en Ediciós do Castro) e Espantallo amigo (en Edicións Celta, Lugo).
Estrutura
Índice Leliño, amigo Unha cóbrega encerrada Cousas do rio Pelexa no monte O lerio da madeira Aurora Pantasmas Tamboril ten moza Cando o rio medra A batalla derradeira Cantarela, circo, teatro Montes arriba Serafín e máis nós Dende a cama A vida e a morte Lume O roubo das cebolas A lápida Tras de Vidal Un día longo A Montevideo
Edicións
A Organización Nacional de Cegos (ONCE) fixo unha edición en braille.
Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e a posterior Aqueles anos do Moncho (1977) comporían O ciclo do neno do autor, publicado nun único volume en 1978 por Akal, na Colección Arealonga, co número 29.O ciclo do neno na páxina web de Akal.
A partir da 21ª edición (ano 2010) o libro foi reeditado por Galaxia dentro da Colección Literaria, na Biblioteca Neira Vilas.Vista previa de Cartas a Lelo en Google Books.
Traducións Ao castelán en 1982 co título En la extraña ciudad: cuentos y recuentos, autotradución, en Editorial Arte y Literatura, A Habana.Inclúe textos extraídos de varios libros. De Cartas a Lelo (Cartas a Manolo na tradución) os seguintes: "El misterio de la madera", "Tamboril tiene novia", "Cuando el río crece", "La última batalla", "Serafín y nosotros", "El robo de las cebollas" e "Siguiendo a Vidal".En la extraña ciudad na Biblioteca da Tradución Galega.En la extraña ciudad na páxina web da Fundación Neira Vilas. Ao catalán en 1995 co título Cartes a Nel·lo, por Marc Ferrer i Cuixart, en Ediciones Juan Granica, Barcelona, na colección "Lectures de Moby Dick".Con presentación de Xavier Costa Clavell ("Neira Vilas i el món rural gallec") e introdución de Lluís Busquets i Grabulosa.Cartas a Lelo na páxina web da Fundación Neira Vilas.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Diáspora galega Remuíño de sombras Contos vellos para rapaces novos Ligazóns externas Cartas a Lelo na páxina web da Editorial Galaxia.
Categoría:1971 en Galicia Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras literarias de Xosé Neira Vilas Categoría:Diáspora galega Categoría:Obras literarias de 1971 Categoría:Novelas en galego Categoría:Epístolas Categoría:Ediciós do Castro Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Novelas ambientadas en Galicia