A γ-amanitina (gamma-amanitina) é un péptido cíclico de oito aminoácidos. É unha amatoxina, un grupo de toxinas illadas e atopadas en varios cogomelos do xénero Amanita, como por exemplo Amanita phalloides e un complexo de especies moi similares, como A. virosa e A. bisporigera. O composto é moi tóxico, inhibe a ARN polimerase II, distorsionando a síntese de ARNm e pode ser mortal.

Toxicidade As amatoxinas inhiben selectivamente a ARN polimerase II eucariota ao unirse estreitamente ao encima e inhibir fortemente o seu traslado ao longo do molde de ADN; así a síntese do ARNm e proteína queda detida. A inxestión de amatoxina caracterízase por un longo período asintomático dunhas cantas horas (ata un día ou máis) seguido dun rápido declive psicolóxico debido á necrose hepática e tubular aguda. A γ-amanitina ten niveis de toxicidade similares aos doutras amatoxinas como a α-amanitina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Intoxicación por cogomelos velenosos Amanitina

Categoría:Péptidos cíclicos Categoría:Amatoxinas Categoría:Hepatotoxinas Categoría:Sulfóxidos