Walther Flemming, nado o 21 de abril de 1843 e finado o 4 de agosto de 1905, foi un biólogo alemán e fundador da citoxenética.

Naceu en Sachsenberg (agora parte de Schwerin) e era o quinto fillo e único varón do psiquiatra Carl Friedrich Flemming (1799–1880) e a súa segunda muller, Auguste Winter. Graduouse no Gymnasium der Residenzstadt, onde un dos seus colegas e amigo para toda a vida foi o escritor Heinrich Seidel.

Traxectoria Flemming estudou medicina na Universidade de Praga, graduándose en 1868. despois, serviu en 1870–71 como médico militar na guerra franco-prusiana. De 1873 a 1876 traballou como profesor na Universidade de Praga. En 1876 aceptou o posto de profesor de anatomía da Universidade de Kiel. Foi director do Instituto Anatómico e permaneceu alí ata a súa morte.

Utilizando tinturas de anilina conseguiu atopar unha estrutura do núcleo celular que absorbia fortemente tinturas basófilas, que el denominou cromatina. Identificou que a cromatina estaba correlacionada coas estruturas filamentosas do núcleo das células, os cromosomas (que significa 'corpos coloreados'), que foron chamados así posteriormente polo anatomista alemán Wilhelm von Waldeyer-Hartz (1841–1923). O científico belga Edouard Van Beneden (1846–1910) tamén os atopara, independentemente. O centrosoma descubrírono conxuntamente Walther Flemming en 1875 Flemming, W. (1875). Studien uber die Entwicklungsgeschichte der Najaden. Sitzungsgeber. Akad. Wiss. Wien 71, 81–147Bloodgood RA. From central to rudimentary to primary: the history of an underappreciated organelle whose time has come. The primary cilium. Methods Cell Biol. 2009;94:3-52. doi: 10.1016/S0091-679X(08)94001-2. Epub 23 de decembro de 2009. PMID 20362083. e Edouard Van Beneden en 1876.Van Beneden, E. (1876). Contribution a l'histoire de la vesiculaire germinative et du premier noyau embryonnaire. Bull. Acad. R. Belg (2me series) 42, 35–97.Bloodgood RA. From central to rudimentary to primary: the history of an underappreciated organelle whose time has come. The primary cilium. Methods Cell Biol. 2009;94:3-52. doi: 10.1016/S0091-679X(08)94001-2. Epub 23 de decembro de 2009. PMID 20362083.

Flemming investigou o proceso da división celular e a distribución dos cromosomas nos núcleos das células fillas, un proceso chamado mitose, da palabra grega que significa filamento. Porén, non viu que os cromosomas se dividisen en metades, as cromátides fillas. Estudou a mitose tanto in vivo coma en preparacións tinguidas, usando como material biolóxico aletas e branquias de píntegas. Estes resultados publicáronse primeiramente en 1878 e en 1882 no seu influínte libro Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung (1882; Substancia celular, núcleo e división celular). Baseándose nos seus descubrimentos, Flemming propuxo por primeira vez que todos os núcleos celulares proceden doutro núcleo predecesor (acuñou a frase omnis nucleus e nucleo, análoga á frase de Virchow omnis cellula e cellula).

miniatura|Cromosomas politénicos nunha célula da glándula salivar do díptero Chironomus, un dos máis de 100 debuxos do libro de Flemming Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung, 1885 miniatura|Ilustracións de células con cromosomas e mitoses, do libro Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung, 1882

Flemming tamén é coñecido pola súa filantropía. Alimentaba semanalmente á xente sen fogar, doando todos os anos o 20 % do seu salario aos albergues para persoas sen fogar. Ensinaba especialmente aos nenos pequenos que eran demasiado pobres para asistiren a cases de matemáticas e ciencias.

Flemming non chegou a coñecer os traballos de Gregor Mendel (1822–84) sobre a herdanza, así que non ligou as súas observacións coa herdanza xenética. Pasarían dúas décadas ata que a importancia dos traballos de Flemming fose realmente recoñecida co redescubrimento das leis de Mendel. The Science Channel designou o descubrimento de Flemming da mitose e dos cromosomas como un dos 100 descubrimentos científicos máis importantes de todos os tempos en bioloxía celular.

Leva o nome de Flemming unha medalla que outorga a Sociedade Alemá de Bioloxía Celular (Deutsche Gesellschaft für Zellbiologie).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

e Reimpreso en J. Cell Biol. 25:581–589 (1965). Flemming, W. "Zur Kenntniss der Zelle und ihrer Theilungs-Erscheinungen". In: Schriften des Naturwissenschaftlichen Vereins für Schleswig-Holstein 3 (1878), 23–27. (Reimpreso en ) Carlson, E.A. "The Analysis of Mitosis Shifts Attention to the Chromosomes". In: Mendel's Legacy. The Origins of Classical Genetics. p. 24–5, CSHL Press, 2004. .

Ligazóns externas

Biografía de Walther Flemming. Lasker Labs Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung . Texto orixinal do libro en PDF (en alemán). Medalla Walter Flemming, en PDF, en alemán. Hardy, P. A., Zacharias, H. (2008): "Walther Flemming und die Mitose: Der Beitrag seiner ersten Kieler Jahre". Schr. Naturwiss. Ver. Schlesw.-Holst. 70, 3–15. Artigo sobre a descrición da mitose. En alemán.

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Biólogos de Alemaña Categoría:Xenetistas Categoría:Citoxenética