Laila Edwards, nada o 25 de xaneiro de 2004 en Cleveland Heights (Estados Unidos) é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo estadounidense. Xoga como defensa no PWHL San Jose da Professional Women's Hockey League (PWHL) ee na selección estadounidense.

Gañou dás medallas no Campionato do Mundo, incluído un ouro en 2025 e unha prata en 2024, no que foi nomeada MVP do torneo aos 20 anos, converténdose na xogadora máis nova en recibir o galardón.

En 2023, Edwards fixo historia ao converterse na primeira xogadora negra en xogar coa selección absoluta dos Estados Unidos. Posteriormente converteuse na primeira xogadora ngra en anotar para o equipo tanto no Campionato do Mundo de 2024 como nos Xogos Olímpicos de 2026, nos que tamén se converteu na primeira medallista de ouro negra.

No hóckey universitario Edwards gañou tres campionatos da NCAA con Wisconsin (2023, 2025 e 2026). Foi unha das tres finalistas ao Premio Patty Kazmaier en 2025 e liderou o país con 35&nbs;goles durante a súa tempada júnior. Edwards gañou Premio Bob Allen á Xogadora do Ano en 2024.

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Xogadoras do PWHL San Jose Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo