O Arco da Vitoria (en ), coñecido popularmente tamén como Porta da Moncloa, pola súa similitude coas portas de Alcalá e Toledo, ou como arco do Triunfo, é un arco de triunfo situado en Madrid, construído entre 1950 e 1956. Trátase dunha obra conmemorativa da vitoria do bando sublevado sobre o bando republicano na guerra civil. Atópase nunha das entradas principais da capital de España, a da autovía do Noroeste, no centro da denominada avenida da Memoria do distrito de Moncloa-Aravaca.

Construíuse por indicación inicial da Comisión Permanente da Xunta da Cidade Universitaria.Acta del 26 de febrero de 1942 de la Comisión Permaenente de la Junta de la Ciudad Universitaria O arco posúe unha altura total de 49 m. É obra dos arquitectos Modesto López Otero e Pascual Bravo Sanfeliú e os ornamentos que o rodean, dos escultores Moisés de Huerta (frisos alegóricos), algúns en colaboración co seu fillo Rafael Huerta, Ramón Arregui (Cuadriga de Minerva) e José Ortells. O arco posúe unhas inscricións latinas que lembran a vitoria franquista, así como a construción da nova Cidade Universitaria tras a batalla que a destruíu.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fernández Delgado, Javier et al. (1982). La memoria impuesta: Estudio y catálogo de los monumentos conmemorativos de Madrid (1939–1980) ISBN 84-500-5470-2

Categoría:Arquitectura en Madrid