Alicia Juliana Kowaltowski, nada en Campinas o 2 de abril de 1974, é unha bioquímica, investigadora e profesora universitaria brasileira.
Traxectoria Membro de pleno dereito da Academia Brasileira de Ciencias, profesora titular no Instituto de Química da Universidade de São Paulo e xefa do Laboratorio de Metabolismo Enerxético do Instituto de Química, Alicia é a autora do libro O que é metabolismo?: Como Nossos Corpos Transformam o que Comemos no que Somos (Oficina de Textos, 2015).
Defendeu a súa tese doutoral en 1999 e incorporouse á Universidade de São Paulo como profesora no ano 2000, no Instituto de Química, onde é responsable do Laboratorio de Metabolismo Enerxético.
Alicia gañou o premio Capes-Elsevier en 2004 polo seu destacado desempeño en investigación e educación. En 2006 recibiu unha bolsa Guggenheim polo seu traballo no campo da bioloxía molecular e celular en América Latina e en 2024 foille outorgado o Premio L'Oréal-UNESCO para as Mulleres na Ciencia como representante de América Latina e o Caribe. En 2026 foi considerada pola revista Forbes unha das 10 mulleres brasileiras que transforman a ciencia no Brasil e no mundo.
Notas
Categoría:Nados en Campinas Categoría:Nados en 1974 Categoría:Científicos do Brasil