Alfred Nisonoff, nado en Queens, Nova York, en 1923 e finado en 2001, foi un químico estadounidense que axudou a determinar experimentalmente a estrutura molecular dos anticorpos, e, como resultado, fixo unha gran contribución á inmunoloxía. A monografía de Nisonoff “The Antibody Molecule” foi a publicación máis importante e completa sobre os anticorpos no seu tempo.Steiner LA, Knight KL, Capra JD. Alfred Nisonoff. Biogr Mem Natl Acad Sci. 2003;83:160-75. .Steiner LA, Knight KL. In memoriam Alfred Nisonoff 1923-2001. J Immunol. 2001 Aug 15;167(4):1855-6. doi: 10.4049/jimmunol.167.4.1855. .
Traxectoria
Familia Os pais de Nisonoff eran xudeus que inmigraran desde Hungría e Rusia á cidade de Nova York cando eran adolescentes. Alfred naceu en Corona, Queens o 26 de xaneiro de 1923. A familia mudouse a South River, Nova Jersey, onde o seu pai tiña unha carnicería e verdularía.Piehler, G. Kurt. An Interview with Alfred Nisonoff, for the Rutgers Oral History Archives of World War II. , Universidade Rutgers, 1 de agosto de 1994. Consultado o 6 de febreiro de 2011. "AN: As súas primeiras tendas eran carnicerías. Tiña unha carnicería kosher en South River, e iso remóntase a cando eu tiña cinco anos ou así. Si, nacín en Corona, Long Island, pero, despois, cando cando eu tiña uns dous anos, mudáronse a South River e abriron a carnicería kosher alí."Alfred Nisonoff — Biographical Memoirs of the National Academy of Sciences
Educación Alfred Nisonoff era un neno moi aplicado nos seus estudos. Aos seis anos estaba no terceiro grao, e graduouse na escola secundaria aos 15 anos. Despois da graduación recibiu unha bolsa de estudos do estado para asistir á facultade e matricularse na Universidade Rutgers, a menos de 80 km da súa casa. O interese de Nisonoff pola química empezou cando foi a un laboratorio caseiro dun amigo do instituto. Esta experiencia fixo que tomase a decisión de especializarse en Química en Rutgers.
En 1942, á idade de 19 anos, graduouse en Rutgers cun grao de química, e foi traballar á compañía U.S. Rubber de Detroit, Míchigan. Asignáronse a tarefa de atopar un xeito de adherir cordas de nailon a pneumáticos de goma para avións para darlles maior resistencia que coas cordas de algodón coas que se fabricaban antes. Cando pasaba pola fábrica, detívose a ver un proceso no cal as cordas de nailon se usaban para reforzar tanques de gas de goma que se autoselaban, e adaptou este mesmo proceso ao problema que lle encargaran resolver. Este tipo de pensamento analítico e creativo demostraría ser moi útil na súa futura investigación sobre a estrutura dos anticorpos.In Memorium: Alfred Nisonoff (1923–2001). Nat Immunol 2, 469 (2001).
En Detroit, Nisonoff coñeceu a Sarah Weismann, a súa futura muller. En 1943, Nisonoff alistouse na Mariña dos Estados Unidos para axudar nos esforzos de guerra. Non participou na batalla de Okinawa por só un mes de diferenza debido a problemas no motor do seu barco. Serviu na mariña ata o final da guerra en 1945, e licenciouse finalmente en 1946. Entón, aproveitou a oportunidade de facer estudos de posgrao en bioquímica en setembro, con Frederick W. Barnes na Universidade Johns Hopkins con fondos que lle proporcionou a lei chamada G.I. Bill, que concedía diversos beneficios aos veteranos de guerra. Obtivo o seu máster (M.A.) en 1948 e o seu doutoramento (Ph.D.) en 1951. A súa investigación con Barnes foi sobre o mecanismo encimático da transaminación.
Traballo de investigación Nisonoff entrou en contacto co tema dos anticorpos cando estudaba no Roswell Park Comprehensive Cancer Center (entón coñecido como Instituto Memorial de Roswell Park) en Buffalo, Nova York, con David Pressman. Pressman estaba traballando nun dos grupos de Linus Pauling que exploraban a especificidade antixéncia dos anticorpos contra determinantes hapténicos. Esta investigación aproveitou a técnica da inhibición de haptenos cuantitativa, desenvolvida orixinalmente por Karl Landsteiner. Mentres realizaba estes experimentos no laboratorio de Pressman, Nisonoff contribuíu cun importante artigo que explicaba a idea que finalmene levou a importantes conclusións sobre a estrutura da molécula do anticorpo. Neste artigo inicial demostrou que a molécula do anticorpo tiña dous sitios de combinación ou unión coas mesma especificidade por un determinante antixénico. Isto axudou a refutar as “teorías instrucionais” da formación de anticorpos.
O traballo máis importante de Nisonoff empezou cando realizou a clivaxe encimática de anticorpos de coello para determinar mellor a estrutura que contribuía coa súa especificidade en doenzas. Continuou o traballo de Rodney Porter que realizara a clivaxe encimática de anticorpos co encima papaína. Cando Nisonoff usou un encima diferente, a pepsina, para dixerir os anticorpos, descubriu que o encima clivaba (cortaba) as proteínas en diferentes sitios en lados opostos da ponte disulfuro que conectaba a dúas cadeas pesadas das igG de coello. Isto fixo que chegase á conclusión de que a papaína cliva o lado amino terminal da ponte disulfuro e a pepsina cliva o lado carboxilo terminal. O traballo de Nisonoff tamén contribuíu á identificación do fragmento F(ab’)2 do anticorpo, que é o fragmento único bivalente que se poduce despois dunha clivaxe con papaína. Posteriormente, encontrou que este fragmento é o responsable da interacción co antíxeno e das reaccións de aglutinación e precipitación.
O experimento de Nisonoff levou a moitas conclusións sobre a estrutura dos anticorpos. Determinouse que os dous sitios de unión aos antíxenos do anticorpo estaban localizados no lado oposto do fragmento Fc, a parte do anticorpo responsable da unión a células receptoras. Co traballo posterior que fixeron os seus colegas, grazas ao traballo previo de Nisonoff, determináronse a estrutura completa da molécula do anticorpo e a súa composición de aminoácidos.
O traballo de Nisonoff continuou concentrando os seus esforzos en determinar como a estrutura do anticorpo reflectía a súa función e especificidade como ferramenta inmunolóxica. En 1975, Nisonoff, John Hopper e Susan Spring publicaron a monografía "The Antibody Molecule". Esta obra revisaba a información completa dispoñible daquela sobre a estrutura e función do anticorpo e receptor da célula B.
Nisonoff ocupou no resto da súa carreira diversos postos dentro da comunidade inmunolóxica, como postos no Departamento de Química Bolóxica en Chicago e nos Institutos Nacionais da Saúde (NIH). O traballo de investigación de Nisonoff determinando a estrutura e funcións dos anticorpos deu importantes pasos cara á comprensión moderna do sistema inmunitario. Nisonoff morreu o 12 de marzo de 2001.
Notas
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Inmunólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York