Bruno García de León, nado en Xerez da Fronteira o 14 de xullo de 1979, é un político español do Partido Popular que exerce como alcalde de Cádiz desde o 17 de xuño de 2023.
Traxectoria Comezou a súa carreira política traballando xunto a Teófila Martínez no Concello de Cádiz. Foi elixido concelleiro en 2007 e pasou a ser tenente de alcalde en 2011. Continuou o seu labor político na corporación municipal desde a oposición entre 2015 e 2019. Desde o 23 de maio de 2021, preside o Partido Popular de Cádiz. Foi deputado no Parlamento de Andalucía entre 2019 e 2023. Ocupa a alcaldía de Cádiz desde o 17 de xuño de 2023.
Desde 2019, exerce como vicesecretario de Turismo, Deportes, Cultura, Xustiza e Administración Local do Partido Popular de Andalucía, baixo o liderado de Juanma Moreno.
Notas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Alcaldes de Cádiz Categoría:Políticos do PP de Andalucía Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid