Este artigo trata dun xénero de protozoos ciliados. Para a enfermidade ocular, ver glaucoma.
Glaucoma é un xénero de ciliados de auga doce da clase Oligohymenophorea. As células das especies deste xénero teñen de 30 a 150 μm de longo e presentan tres membranelas (estruturas formadas a partir de moitos cilios modificados) que rodean a cavidade oral. Dúas das membranelas utilízanse para arrastrar auga cara á cavidade oral, mentres que a teceira actúa como un baruto para filtrar partículas alimenticias para a súa inxestión. En contraste, moitos outros oligohimenóforos que se alimentan filtrando usan para ese propósito a membrana paraoral, tamén coñecida como membrana ondulante, pero a paraoral non está ben desenvolvida no xénero Glaucoma.
Notas
Categoría:Cilióforos Categoría:Taxons descritos por Christian Gottfried Ehrenberg