Xacobe Martínez Antelo, nado en Santiago de Compostela en 1976, é un músico galego.

Traxectoria Membro do trío de jazz Sumrrá, toca tamén en quinteto con Marcelino Galán, en diversos tríos e no grupo Marful con Ugia Pedreira. Cursou estudos nos conservatorios de Santiago e Vigo e na Estudio Escola de Música de Santiago, tocou en bandas de Rock como Martelo, ou blues, mais é fundamentalmente un músico de jazz.

É irmán de Iñaki Martínez Antelo, director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Discografía Como líder: Isto é Jazz (Free Code Jazz Records, 2006) con Pablo Castaño (saxo alto), Toño Otero (saxo tenor), Marcelino Galán (guitarra) e Max Gómez (batería)

Con Sumrrá: Summrá 2001 Summrrá (2003) 2 (2006)

Marcelino Galán Roho (2003)

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Contrabaixistas de jazz Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en 1956